DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Norte Forestal, S.A. (código de convenio 8200612), que se subscribiu o 23 de xullo de 2004, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitirlle o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2004.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo da empresa Norte Forestal, S.A.

Capítulo preliminar

Intervinientes

Pontevedra, 23 de xullo de 2004.

Dunha parte, en representación dos traballadores, o comité de empresa de Norte Forestal, S.A. e doutra, en representación da empresa, os integrantes da comisión negociadora.

Ambas as partes recoñécense mutuamente plena capacidade para levar a cabo e outorgar o presente convenio colectivo, segundo consta nos anexos I e II.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regular as relacións laborais entre Norte Forestal, S.A. e os traballadores que prestan os seus servizos nela.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As presentes normas serán de aplicación á totalidade dos centros de traballo de Norte Forestal no territorio nacional.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio é de aplicación con carácter xeral a todos os traballadores pertencentes ao cadro de persoal de Norte Forestal, S.A. con excepción daquel persoal directivo, técnico ou asimilado, que teña subscrito un contrato individual de traballo e que está excluído polas súas condicións persoais pactadas, polo que lle serán unicamente de aplicación aquelas normas aquí contidas nas cales expresamente se especifique a súa inclusión.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha vixencia desde o día primeiro do mes seguinte á data do seu asinamento e finalizará o trinta e un de decembro de dous mil oito (31-12-2008).

Artigo 5º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderá proceder á denuncia do presente convenio, formalizándose esta cun mes de antelación á súa finalización, mediante comunicación por escrito, na cal se enumerarán as materias que se propoñan revisar, considerándose tacitamente prorrogado ata a sinatura do novo que o substitúa.

Artigo 6º.-Norma supletoria.

No non regulado no presente convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas complementarias.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

A interpretación do presente convenio non poderá realizarse senón de forma global, gardando o equilibrio do conxunto das súas normas, que forman un todo orgánico, indivisible e inseparable.

Artigo 8º.-Absorción e compensación.

Operará a absorción e compensación cando os salarios realmente aboados no seu conxunto e en cómputo anual sexan máis favorables aos traballadores que os fixados na orde normativa ou convencional de referencia. Durante a vixencia deste convenio respectaranse as situacións que en concepto de complementos persoais se veñan desfrutando, así como os que poida conceder a empresa durante ela.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria que terá como funcións a interpretación, vixilancia, conciliación e arbitraxe do disposto no presente convenio.

Estará composta por catro membros, dous designados pola empresa e dous designados polo comité de empresa. De entre eles elixirase un secretario.

A comisión reunirase cando o solicite calquera das partes, comunicándollo por escrito á outra, cunha antelación mínima de sete días. Na convocatoria

incluirase a orde do día, cos asuntos que se van tratar.

Cada un dos membros da comisión terá un único voto. Das reunións da comisión levantarase acta, facendo constar os acordos, os cales terán carácter vinculante para as partes.

Os vogais designados polo comité de empresa cesarán á finalización do seu mandato, ou ben cando o comité acorde por maioría retirarlles a confianza; neste caso procederase a unha nova designación, de todo o cal será comunicada a empresa.

Os acordos tomados na comisión paritaria non poderán volver ser considerados polos novos membros da comisión.

Capítulo II

Organización, xornada e traballo

Artigo 10º.-Organización.

A organización do traballo será competencia exclusiva da dirección da empresa con suxeición á lexislación laboral vixente, especialmente en materia de prevención de riscos laborais, e con estrita observancia dos dereitos dos traballadores.

Artigo 11º.-Mobilidade.

Dadas as características da actividade da empresa, recoñécese a mobilidade do persoal como imprescindible para unha adecuada organización do traballo, entendendo por mobilidade os desprazamentos temporais ou diarios, distintos do lugar de residencia laboral.

Artigo 12º.-Garantías do persoal que conduce vehículos da empresa.

As sancións por infraccións de tráfico impostas aos traballadores que conduzan vehículos da empresa e que sexan imputables ao vehículo, serán aboadas por Norte Forestal, S.A.

Esta garantía cobre igualmente os traballadores que poñan o seu vehículo ao servizo da empresa, sempre que a infracción fose cometida no desenvolvemento das funcións ordenadas por ela.

Ademais, a empresa garantirá un posto de traballo digno, e sen menoscabo das súas retribucións, ao persoal a quen no desenvolvemento das funcións de condutor lle fose retirado o permiso de condución como consecuencia de actuación administrativa.

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

Para o persoal que preste os seus servizos en oficinas centrais establécese unha xornada de 1.752 horas de traballo en cómputo anual. Para o resto do persoal a xornada será a establecida no Estatuto dos traballadores. Se durante a vixencia deste convenio e por imposición legal se dispuxer un cómputo horario anual inferior ao pactado, aplicarase o que regule a lei correspondente.

Artigo 14º.-Horario.

As horas de traballo efectivo computaranse de forma que, tanto ao comezo como ao final da xornada diaria, cada traballador se encontre no seu posto de traballo.

A dirección da empresa e o comité de empresa elaborarán os horarios de entrada e saída axustándose ás seguintes premisas:

1. Para o persoal de oficinas.

Xornada intensiva:

a) Do 1 ao 15 de xaneiro.

b) Luns e martes de Entroido.

c) Tres días antes e tres días despois de Semana Santa.

d) Do 1 de xuño ao 30 de setembro.

e) Do 9 ao 31 de decembro.

f) Todos os venres do ano.

2. Para o resto de persoal, pactarase entre a empresa e os representantes dos traballadores a distribución irregular da xornada máxima anual. Igualmente se poderá pactar o establecemento da xornada continuada para períodos estivais e festivos.

Do mesmo modo, na organización da xornada de traballo respectaranse os seguintes principios:

a) En ningún caso se poderán realizar máis de 9 horas ordinarias de traballo.

b) Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán, polo menos, 12 horas.

c) Os traballadores terán dereito a unha parada de 20 minutos durante a mañá para tomar o almorzo.

d) Os traballadores terán dereito a un descanso mínimo semanal dun día e medio ininterrompidos.

Se por calquera acto, resolución administrativa ou sentenza xudicial se declarase que non se poden realizar os horarios así establecidos, habería que establecer novos horarios de acordo co disposto, pero entendendo que a xornada será sempre a pactada neste convenio.

Se durante a vixencia deste convenio colectivo e por imposición legal, se dispuxer un cómputo horario anual inferior ao pactado, aplicarase o que regule a lei correspondente.

Artigo 15º.-Traballos de superior categoría.

Se por necesidades técnicas, organizativas ou de produción, un traballador fose asignado a un posto de superior categoría, esta situación manterase o tempo estritamente necesario, non excedéndose máis de seis meses nun ano, e percibindo o traballador a retribución acorde con esa categoría mentres estea a desenvolver tales funcións.

Capítulo III

Vacacións, permisos e licenzas

Artigo 16º.-Vacacións.

A duración das vacacións será de 30 días naturais, incluíndo neste período todos os sábados, domingos e festivos.

Se as vacacións se fraccionan en dous ou máis períodos, computaranse por días laborables comprendidos neles e, neste caso, serán de 22 días laborables.

Garánteselle a todo o persoal o desfrute de polo menos 15 días naturais de vacacións no verán.

As vacacións gozaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servizos na empresa só se terá dereito ao desfrute da parte proporcional correspondente ao tempo realmente traballado durante o dito ano.

Se unha vez pactada a data de inicio das vacacións e antes de inicialas se producise unha baixa por incapacidade temporal, o traballador manterá o dereito a desfrutar as vacacións ata a fin do ano en curso, pactándose unha nova data de inicio das vacacións.

O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica; non obstante, o persoal que non continúe durante o transcurso do ano, terá dereito ao aboamento do salario correspondente á parte de vacacións a que se ten dereito e non desfrutada, como concepto integrante da súa liquidación pola súa baixa na empresa, aínda cando as vacacións a que se ten dereito poidan corresponder en parte ao ano natural anterior.

Gozaranse as vacacións na parte proporcional ao tempo realmente traballado.

Para a escolla do período de vacacións, que serán preferentemente nos meses de xuño, xullo, agosto ou setembro, formaranse grupos de persoal das mesmas funcións e categorías, establécese un sistema rotatorio, de tal maneira que o primeiro que elixe o período de vacacións será o último en elixir para o ano seguinte.

Artigo 17º.-Permisos retribuídos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Por tempo de 15 días naturais por casamento ou unión de feito debidamente acreditada.

b) Dous días por nacemento de fillo, falecemento ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de afinidade ou consanguinidade ou de parentes que convivan co traballador. Cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento fóra da provincia do centro de traballo, o prazo será de catro días naturais a partir da data do evento.

c) Por tempo de dous días por traslado do domicilio habitual.

d) Para o persoal de campo. Establécense dous días á escolla do traballador, sempre e cando o día elixido coincida entre dous días non laborables. O traballador solicitará o permiso con polo menos 15 días de anticipación.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

g) Polo tempo indispensable para a realización de exames e técnicas de preparación para o parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións, ou ben reducir a xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado pola nai ou o pai no caso de ambos traballaren.

i) Os traballadores poderán solicitar unha soa vez ao ano un permiso retribuído para estudos. Acreditarán estar matriculados nalgún centro oficial. Igualmente achegarán xustificantes de ter aprobado, cando menos, a metade das disciplinas nas cales estivesen matriculados. Presentarán a posteriori, un xustificante de asistencia ao exame.

A empresa concederá estes permisos polos períodos máximos seguintes:

1. 15 días naturais para estudos de carreira superior.

2. 10 días naturais para estudos de carreira media.

3. 5 días naturais para estudos de bacharelato e similares.

j) Igualmente, concederá días, nunha ou máis veces, para participar en oposicións ou concurso-oposicións ao Estado, entes autonómicos e corporacións provinciais ou municipais. Para a concesión será requisito acreditar terse inscrito para participar nela e presentar a posteriori xustificante de asistencia ao exame. Os días de permiso que se conceden serán iguais aos que resulten da titulación exixida nas convocatorias segundo o punto anterior.

k) Para consulta médica, polo tempo necesario, con posterior xustificación.

Artigo 18º.-Permisos sen remuneración.

Todo traballador con polo menos seis meses de antigüidade na empresa terá dereito a solicitar un permiso sen retribución.

Cando a duración do permiso solicitado sexa inferior a quince días a empresa estará obrigada á súa concesión. Non obstante, no suposto de que un traballador estea desfrutando dese permiso, non se poderá conceder outro permiso da mesma clase a outro traballador da mesma cuadrilla, mentres non se reincorpore ao seu posto de traballo o primeiro empregado que o solicitase.

Así mesmo, será potestade da empresa, en relación coas necesidades do traballo, conceder ata un máximo de 30 días de permiso sen remuneración.

Independentemente do anterior, concederánselles a aqueles traballadores que o soliciten dous días naturais de permiso non retribuído por voda de pais, fillos ou irmáns, sempre e cando o evento suceda en día laborable.

Artigo 19º.-Excedencia voluntaria.

A empresa concederalle ao persoal que, como mínimo, conte cunha antigüidade de tres anos, o paso á situación de excedencia voluntaria por un período non inferior a un ano nin superior a cinco anos. O traballador que desfrutarase dunha excedencia non poderá solicitar outra ata transcorridos catro anos da finalización da anterior.

Transcorrido o prazo polo que se concedeu a excedencia sen que o traballador solicite o seu ingreso, perderá este o seu dereito a el. O tempo de excedencia non será computado para ningún efecto.

Para lle conceder a excedencia a un traballador será indispensable que non haxa máis dun 7% do cadro de persoal fixo en situación de excedencia.

Artigo 20º.-Excedencia forzosa.

Os traballadores que sexan elixidos para desempeñaren cargos públicos, políticos ou sindicais de ámbito superior ao da empresa poderán solicitar excedencia, sendo obrigatoria para a empresa a súa concesión polo tempo de permanencia no cargo. Esta excedencia será computable para efectos de antigüidade.

Capítulo IV

Sección primeira

Retribucións

Artigo 21º.-Estrutura salarial e incrementos.

A estrutura salarial do persoal afectado polo presente convenio, a excepción das categorías de encargado forestal, peón de viveiro, peón forestal, peón especialista e xefe de cuadrilla, será a disposta no presente capítulo, correspondéndose as súas retribucións coas que figuran na táboa I do anexo III.

Para as categorías de encargado forestal, peón de viveiro, peón forestal, peón especialista e xefe de cuadrilla, debido ás peculiares características e á especialidade da actividade que desenvolven, a retribución salarial será a determinada na táboa II do anexo III, calculada en base diaria, e considerándose incluída nese salario diario a parte proporcional de domingos, festivos, vacacións, pagas extras, así como calquera outro concepto retributivo que lle puidese corresponder.

Incrementos.

Para o persoal afectado polo presente convenio, a revisión salarial para cada ano será a seguinte:

1. Ano 2004. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I e II do anexo III do IPC (índice de prezos de consumo) previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado.

2. Ano 2005. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I e II do anexo III no IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en decembro de 2004 para o ano 2005.

3. Ano 2006. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I e II do anexo III no IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en decembro de 2005 para o ano 2006.

4. Ano 2007. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I e II do anexo III no IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en decembro de 2006 para o ano 2007.

5. Ano 2008. Establécese unha suba lineal da táboa salarial I e II do anexo III no IPC previsto polo Goberno nos orzamentos xerais do Estado, aprobados en decembro de 2007 para o ano 2008.

Artigo 22º.-Garantía salarial.

Unha vez coñecido o IPC real do ano correspondente, e no caso de ser diferente ao previsto, con efecto do un de xaneiro do dito ano, ou no caso de 2004, co efecto establecido no artigo 4º, referido ao ámbito temporal deste convenio colectivo, procederase a revisar os conceptos retributivos pola diferenza existente entre o IPC previsto e o real o 31 de decembro.

Enténdese por IPC real o índice de prezos de consumo publicado polo INE ou organismo que o substitúa.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Todos os traballadores da empresa gozarán de aumentos periódicos por tempo de servizo ininterrompido, consistentes en dous trienios e posteriores quinquenios. A súa contía será do 4% por cada trienio e do 8% para os quinquenios do salario base de cada traballador, cun límite máximo do 30%.

A data de devengo será o primeiro do mes seguinte a aquel en que se cumpra o trienio ou quinquenio.

Para os efectos do cómputo da antigüidade, terase en conta todo o tempo de servizo ininterrompido na empresa, computándose como tal o tempo de baixa por enfermidade, accidente e o desfrute de excedencia forzosa. Non se terá en conta para estes efectos o tempo que se permanecese en situación de excedencia voluntaria e permisos sen remuneración.

Artigo 24º.-Incentivos.

Para aqueles traballadores de produción non medible establécese un incentivo por calidade de traballo. Realizarase unha avaliación do desempeño por parte do seu superior xerárquico.

A contía mínima será do 10% do salario base. A empresa poderá fixar o incentivo discrecionalmente ata o 15% do salario base. A percepción deste

incentivo será trimestral e terá carácter de non consolidable.

Artigo 25º.-Complemento de asistencia.

Para as categorías de peón de viveiros, peón forestal, peón especialista e xefe de cuadrilla, pola peculiar actividade que realizan, establécese un complemento de asistencia ao traballo.

A contía que se percibirá será de sesenta euros mensuais (60 euros/mes), sempre que a asistencia por parte do traballador fose continua durante todos os días laborables que teña o mes de que se trate.

No suposto de que o traballador falte tres ou menos días con causa xustificada, percibirá o complemento rateado aos días reais que asistise. En calquera outro caso, non percibirá ningunha contía por este complemento.

No suposto de que o traballador falte un ou máis días sen xustificación, non percibirá o complemento que se establece neste artigo.

No suposto de que o traballador cause baixa por enfermidade común, os tres primeiros días computaranse como unha falta xustificada e sumaránselle para o aboamento correspondente deste complemento, ademais, dos días que asistira con anterioridade.

Artigo 26º.-Gratificacións extraordinarias.

O seu importe será igual a unha mensualidade de soldo base e antigüidade, de devengo semestral, pagadoiras na primeira quincena dos meses de xuño e decembro.

O persoal que ingrese ou cese durante o ano percibirá estas gratificacións en proporción ao tempo traballado.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

Co fin de favorecer a creación de emprego, as partes asinantes deste convenio acordan a conveniencia de reducir ao mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias que veñan exixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

b) Horas extraordinarias orixinadas por períodos punta de produción ou outras circunstancias imprevistas: mantemento, sempre que non poidan ser substituídas polas modalidades de contratación legalmente establecidas.

c) Horas extraordinarias habituais: supresión.

A dirección da empresa informará mensualmente o comité de empresa do número de horas extraordinarias realizadas. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores fixarán o carácter e a natureza delas.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria. A retribución das horas extras rexerase pola seguinte fórmula, salvo pacto individual

entre empresa e traballador: cando o traballador opte polo descanso, para o seu desfrute, deberá haber acordo co responsable correspondente.

A fórmula para o cálculo da hora extra é a seguinte:

HE = Px(S+A)/H)x1,75.

HE = hora extra.

P = número de pagas no ano.

S = salario base.

A = antigüidade.

H = número de horas efectivas de traballo no ano.

As horas extraordinarias que se realicen das 22.00 ás 6.00 horas incrementaranse nun 25%.

Artigo 28º.-Incendios.

Cando se produzan incendios no patrimonio forestal da compañía, e acudan a colaborar na súa extinción traballadores de Norte Forestal, para as categorías de peón forestal e xefe de cuadrilla, establécese unha recarga sobre o valor hora ordinario que pasa a ser da seguinte contía:

Extinción das 18.00 ás 22.00 horas: recarga 50%.

Extinción das 22.00 ás 6.00 horas: recarga 75%.

Extinción das 6.00 ás 8.00 horas: recarga 50%.

Sección segunda

Artigo 29º.-Axudas de custo para viaxes.

O réxime aplicable a este tipo de desprazamentos será o establecido pola normativa do Grupo Ence.

Establécense dous supostos:

a. Gastos para xustificar. Aplicable ao persoal directivo e a quen autorice o director xeral. Aboaranse a totalidade dos gastos realizados debidamente xustificados, máis un diñeiro de bolso para gastos varios sen xustificar consistente en:

-24,04 euros/día en territorio nacional.

-51,09 euros/día en territorio estranxeiro.

b. Réxime de axudas de custo. Aplicable aos non autorizados a viaxar en réxime de gastos para xustificar.

Nesta modalidade aboaranse os seguintes gastos:

-Gastos de locomoción e desprazamento: os xustificados segundo factura.

-Gastos de aloxamento: os xustificados segundo factura.

-Gastos manutención:

49,88 euros/día. Pernoitando en territorio nacional.

84,14 euros/día. Pernoitando en territorio estranxeiro.

24,94 euros/día. Non pernoitando en territorio nacional.

37,56 euros/día. Non pernoitando en territorio estranxeiro.

Artigo 30º.-Axuda a comida.

Para encargados e operadores de máquina, os cales exercen as súas funcións en distintos puntos da área de traballo á que están asignados, establécese unha axuda para comida.

Presentará a correspondente factura e Norte Forestal, S.A. procederá ao seu aboamento.

Artigo 31º.-Gastos de locomoción.

Aos traballadores que utilicen nos desprazamentos ordenados pola empresa vehículos da súa propiedade, aboaránselle 0,2464 euros por quilómetro percorrido.

Ademais destes prezos, fíxase unha prima de 0,0270 euros/km por acompañante e de 0,0540 euros/km por dous ou máis acompañantes transportados.

En ningún caso estará obrigado o traballador a pór o vehículo da súa propiedade para usos propios da empresa.

Artigo 32º.-Transporte de empregados.

O traballador que, alén das súas funcións propias profesionais, transporte outros traballadores en vehículos da empresa ata o lugar de traballo, ademais das percepcións establecidas para a súa categoría profesional, percibirá a cantidade de 6,01 euros diarios. Para os traballadores transportados, a cantidade será de 3,13 euros diarios se o tempo de transporte diario fose superior a unha hora por traxecto.

Artigo 33º.-Forma de pagamento.

O pagamento dos haberes dos empregados poderá realizarse por talón nominativo ou transferencia bancaria. Calquera destes documentos, indistintamente, substitúe o recibo da cantidade.

Se algún traballador quixese que se lle aboase o salario por transferencia a algunha entidade bancaria concreta, solicitarao por escrito e así o efectuará a empresa ata nova solicitude contraditoria.

O pagamento farase efectivo como data tope o día dez de cada mes.

Capítulo V

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 34º.-Prevención de riscos.

En todo o referente a saúde laboral aplicarase o disposto na Lei de prevención de riscos laborais e nas súas normas regulamentarias de desenvolvemento e demais normativa concordante.

Artigo 35º.-Plan de prevención.

A empresa ten elaborado un plan ou programa integral de seguridade e hixiene destinado a avaliar e previr os riscos, establecendo con claridade as medidas de protección persoal adecuadas (roupas de traballo, medios de protección e formación para o seu

manexo, límites máximos de exposición aos factores de risco, etc.). Este plan ou programa estará sometido a un control ou auditoría de carácter periódico. Neste sentido, os delegados de prevención, sen aviso previo, realizarán todas as inspeccións necesarias e darán conta a posteriori das horas empregadas e das deficiencias encontradas.

Artigo 36º.-Vixilancia da saúde.

A empresa garantiralles aos traballadores a vixilancia periódica do seu estado de saúde, referida ao posto de traballo que están ocupando, para iso concertarase o correspondente servizo médico cun centro autorizado, o cal á vista da descrición de riscos do posto de traballo, aplicará o protocolo establecido de vixilancia.

O recoñecemento levarase a cabo respectando sempre o dereito á intimidade, á dignidade e á confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde.

Artigo 37º.-Caixas de primeiros auxilios.

En todos os centros de traballo haberá, como mínimo, unha caixa de primeiros auxilios, debidamente provista e sometida a un sistema de mantemento e reposición.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles aos traballadores cada seis meses roupa de traballo e de seguridade adecuada ás funcións que realicen, consistentes nunha chaqueta e pantalón ou funda e calzado adecuado á actividade que desenvolvan en cada momento, así como un xogo completo de roupa de augas. En caso de deterioración de calquera das pezas por causas de traballo, o traballador terá dereito a un xogo novo.

Ademais, a todos os traballadores que realicen calquera actividade que entrañe risco especial, facilitaránselles os EPI adecuados á normativa vixente.

Capítulo VI

Período de proba e contratación

Artigo 39º.-Período de proba.

O ingreso dos/as traballadores/as considerarase feito a título de proba de acordo coa escala que se fixa a seguir:

-Técnico superior: seis meses.

-Técnico medio: tres meses.

-Persoal administrativo: dous meses.

-Resto do persoal: un mes.

Artigo 40º.-Contratación.

A contratación de traballadores/as axustarase ás normas xerais de contratación e ás específicas que figuran neste convenio colectivo, comprometéndose a empresa:

-Á utilización dos distintos modelos de contratación previstos na lei, de acordo coa natureza e finalidade dos contratos.

-A adoptar as medidas necesarias que impidan calquera tipo de discriminación por razón de sexo nas ofertas de emprego, selección e conseguinte contratación de traballadores/as, así como para ocupar postos de traballo cualificado.

Artigo 41º.-Contratos eventuais por circunstancias da produción.

A duración máxima deste contrato será de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

No caso de que o contrato eventual se concerte por un prazo inferior á duración máxima legal, poderá ser prorrogado, mediante acordo entre as partes por unha única vez, sen que a duración total do contrato poida exceder da duración máxima establecida.

Artigo 42º.-Contrato en prácticas.

De acordo co establecido no Real decreto 488/1988, polo que se desenvolve o artigo 11 do ET, poderanse realizar contratos en prácticas con traballadores que posúan a titulación habilitante correspondente. Consideraranse títulos habilitantes os de diplomado universitario, enxeñeiro técnico, licenciado universitario, enxeñeiro e técnico superior da formación profesional específica, así como aquel outras titulacións recollidas expresamente na lexislación vixente.

A duración deste contrato non poderá ser inferior a seis meses nin superior a dous anos.

Para a formalización deste tipo de contrato, cómpre que o contrato teña lugar dentro dos catro anos inmediatamente.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio substitúe e deixa sen efecto o anterior convenio asinado entre a representación dos traballadores e Norte Forestal, S.A.

Segunda.-Paga de cash flow.

O persoal que na data do 30 de setembro prestase os seus servizos en Norte Forestal, S.A. con, polo menos, unha antigüidade ininterrompida de dous anos, recibirá en concepto de retribución variable e non consolidable unha cantidade anual en función dos resultados de Norte Forestal, S.A. e Grupo Ence calculado sobre o cash flow (beneficios máis amortizacións) unha vez deducidos os impostos correspondentes.

Esta cantidade non consolidable aboarase nun único pagamento no mes de marzo, posteriormente a que se coñeza o balance e contas de resultados de Norte Forestal e Grupo Ence.

No suposto de que se cause baixa durante o ano natural, percibirase o seu importe por doceavas partes, proporcionalmente aos meses de servizos prestados para Norte Forestal, S.A. no exercicio de referencia.

Esta paga consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais fixos anuais, que virán determinados pola suma de aplicar o coeficiente 0,4 ao

valor resultante da táboa de cash-flow de Norte Forestal segundo o anexo IV e da aplicación do coeficiente 0,25 ao valor resultante da tábao de cash flow do Grupo Ence, segundo o anexo V.

Disposición derradeira

Única.-O presente convenio entrará en vigor o día primeiro do mes seguinte á data do seu asinamento, rematando a vixencia das súas normas o día trinta e un de decembro de dous mil oito (31-12-2008).

Beneficios sociais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Sinálanse nestas disposicións as normas polas cales se rexerán os beneficios sociais de Norte Forestal, S.A., que teñan como finalidade principal a axuda e promoción do persoal da empresa e os seus familiares, na orde asistencial, cultural, profesional e social.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Para ser beneficiario das axudas que se establecen nos seguintes artigos será necesario pertencer ao cadro de persoal de Norte Forestal, S.A., vinculado a ela cunha antigüidade ininterrompida de dous ou máis anos.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Terá a mesma vixencia cá do convenio colectivo.

Artigo 4º.-Comisión de control.

A comisión estará formada polos membros da comisión paritaria. As súas funcións son as de velar polo correcto cumprimento dos presentes beneficios sociais.

Artigo 5º.-Prestacións.

Establécense dous tipos de prestacións:

a) Préstamos reembolsables.

I. Préstamo primeira vivenda.

II. Préstamo para adquisición de vehículos.

III. Préstamos para enxoval doméstico.

IV. Préstamo social.

b) Concesións graciables.

I. Incapacidade transitoria.

II. Seguro de vida.

III. Defunción.

IV. Axuda escolar.

V. Nupcialidade.

VI. Natalicio.

VII. Economato.

Artigo 6º.-Normas xerais para préstamos.

Alén das particulares establecidas para cada un dos préstamos, será necesario cumprir coas seguintes.

a) Unha vez concedido o préstamo, o beneficiario comprométese a asinar o correspondente documen

to-contrato no cal se indicará a contía, finalidade do préstamo, prazos de devolución e xuros.

b) En caso de o traballador cesar no servizo de Norte Forestal sen ter liquidado a suma total da débeda contraída, deberá aboar íntegro o importe do que fique a deber. En caso contrario, Norte Forestal, S.A. actuará segundo a lexislación vixente.

c) En caso de morte do traballador, os seus herdeiros subrogaranse na obriga do pagamento contraído polo causante, deducíndose da liquidación ou do seguro de vida a cantidade debida nese momento.

d) En calquera momento do período de amortización do préstamo pode o empregado amortizar total ou parcialmente as cantidades que deba.

e) Os préstamos deben ser retirados no período de tres meses a partir da data de concesión, en caso contrario consideraranse anulados.

f) Non se poderá solicitar un novo préstamo da mesma modalidade mentres non transcorran tres meses da cancelación do anterior. Se esta cancelación se producise antes do tempo de amortización previsto, o prazo para solicitar un novo préstamo da mesma modalidade, será de seis meses.

Non se poderá conceder un segundo préstamo das tres primeiras clases establecidas no artigo anterior na súa alínea a), mentres haxa algún peticionario de primeiro préstamo, que non o percibira por falta de fondos.

g) Para a solicitude de préstamos establecidos no artigo 5 a), números 1º, 2º e 3º será imprescindible que o traballador adquira o ben unha vez que estea no cadro de persoal de Norte Forestal, sen prexuízo do establecido no artigo 2º destes beneficios sociais.

Artigo 7º.-Tramitación de solicitudes.

a) Todas as solicitudes serán dirixidas polo interesado, en carta certificada, ou calquera outro medio que permita a constancia da súa recepción, ao secretario da comisión paritaria, sendo rexistrados por orde de presentación.

b) Como norma xeral, as solicitudes serán atendidas por orde de antigüidade de presentación, podendo a comisión paritaria, á vista das necesidades, alterar esta orde de prioridade.

c) O interesado que vexa prexudicados os seus intereses respecto á petición solicitada, poderá exporlle por escrito os feitos á comisión paritaria para que esta emita un ditame. A comisión estará obrigada a responder nun prazo de quince días hábiles.

Artigo 8º.-Préstamos de vivenda.

En termos xerais, os préstamos de vivenda abranguen os seguintes casos:

a) Para adquisición de soares para inmediata construción de vivenda propia.

b) Construción de vivenda propia.

c) Adquisición de vivenda propia.

d) Mellora de vivenda propia.

Para facer efectivo o préstamo, o traballador terá dúas opcións para elixir:

a) A través de entidades crédito. Norte Forestal, S.A. avalará os créditos obtidos polo empregado ata un máximo de dúas anualidades e primaralle a contía dos xuros segundo o plan de amortización que a entidade de crédito lle conceda, ata o 40% deles. A garantía do pagamento poderase facer mediante hipoteca do ben adquirido construído ou mellorado e o beneficiario do crédito autorizará a Norte Forestal, S.A. para descontar dos seus haberes o importe das amortizacións non pagas en caso de que a entidade de crédito llas reclamase ao avalista. Norte Forestal, S.A. primará a contía dos xuros ata un crédito máximo de 108.182 euros (cento oito mil cento oitenta e dous euros).

b) Alternativamente á anterior modalidade, Norte Forestal, S.A. concederá créditos ata unha contía de 7.212 euros (sete mil douscentos doce euros) sendo o prazo de amortización de tres anos. Este préstamo producirá un xuro a favor de Norte Forestal, S.A. de dous puntos menos do custo medio do diñeiro para a empresa. Para o préstamo solicitado ao abeiro do suposto d), a contía do préstamo será de 3.606 euros (tres mil seiscentos seis euros), sendo o seu prazo de amortización de catro anos, xustificando a mellora realizada. Se a construción ou adquisición da vivenda non fose dentro do termo municipal da residencia habitual do traballador, as contas detalladas anteriormente reduciranse á metade. Para os préstamos concedidos ao abeiro do suposto a), o interesado estará obrigado ao inicio da construción da vivenda nun prazo non superior a un ano e á finalización en dous anos máis contado desde o inicio das obras. Se non fose así, veríase obrigado á devolución do importe concedido.

Artigo 9º.-Préstamos para adquisición de vehículos.

Norte Forestal, S.A. concederalle a cada traballador que o solicite ata seis mil euros (6.000 euros) para a adquisición de vehículo propio. A amortización será de tres anos e o xuro producido de dous puntos por debaixo do custo medio do diñeiro para a empresa. Os traballadores acollidos a esta modalidade de préstamos estarán obrigados, excepcionalmente, á achega do vehículo para uso da empresa por un período non superior a unha semana.

Artigo 10º.-Préstamo para equipamento doméstico.

Este préstamo refírese a toda clase de utensilios ou artigos indispensables para o benestar do traballador, tales como mobles, electrodomésticos, etc.

A contía máxima que se concederá é do 50% da factura correspondente, cun límite máximo de tres mil seiscentos seis euros (3.606 euros).

O prazo máximo de amortización é de tres anos e o xuro que se aplicará dous puntos por debaixo do custo medio do diñeiro para a empresa.

Un traballador que optase a un préstamo desta categoría non poderá solicitar outro semellante, ata transcorridos tres anos da súa amortización.

Artigo 11º.-Préstamo social.

É aquel que ten como finalidade cubrir determinadas situacións imprevistas que poidan xurdirlles aos traballadores como consecuencia de sucesos tales como desgrazas familiares e outras necesidades urxentes de solucionar.

A comisión de control será a competente para sinalar estas necesidades, así como a contía que se satisfará dentro das posibilidades de crédito existentes.

O xuro que se aplique será do 0% e o prazo máximo de amortización de tres anos.

Caso de non existiren fondos, a comisión adoptará as medidas necesarias para cubrir tal continxencia.

Artigo 12º.-Fondo para préstamos.

O fondo total que Norte Forestal, S.A. asigna para os préstamos reembolsables é de noventa mil cento cincuenta e dous euros (90.152 euros).

O procedemento, os prazos e asignacións correspondentes serán fixadas anualmente pola comisión paritaria do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Complemento IT.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ata o cento por cento do salario real do traballador en xornada ordinaria.

Artigo 14º.-Absentismo.

Para os casos de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social, ata o momento de alta ou ata que se producise a baixa definitiva, nunha contía que supoña que o traballador percibirá (entre a Seguridade Social e a empresa) o 70% de todos os seus emolumentos, tanto salarios como complementos salariais.

Ademais, a empresa aboará o 30% restante ata o 100% dos emolumentos indicados por un período de tempo que será en función do absentismo individual do afectado, segundo a seguinte escala:

AbsentismoTempo máximo de pagamento

individualizadodo complemento do 30%

do ano anteriorno ano corrente

0 días12 meses

De 1 a 7 días8 meses

De 8 a 14 días6 meses

De 15 a 21 días2 meses

Máis de 21 días0 meses

Esta escala quedará sen efecto en caso de enfermidade ou accidente que supoña unha baixa superior a 15 días; neste caso consideraranse 0 días de absentismo.

Artigo 15º.-Seguro de vida.

Con independencia da Seguridade Social e o seguro de accidentes de traballo, Norte Forestal, S.A. ten concertada con Musini a póliza número 41.152482, relativa a un seguro de vida.

O capital asegurado en caso de morte natural ou invalidez permanente total será de 70 mensualidades do soldo base e 140 mensualidades se o falecemento resultar por accidente, de acordo coas condicións xerais contidas na póliza.

As actualizacións dos capitais asegurados efectuaranse o 1 de xullo de cada ano.

Artigo 16º.-Defunción.

Para axuda dos gastos perentorios e necesarios en caso de falecemento, a empresa faralles entrega aos beneficiarios designados na póliza do artigo anterior dun adianto dun 20% da cantidade asegurada.

Artigo 17º.-Axuda escolar.

Esta axuda concederáselles aos empregados de Norte Forestal e aos seus fillos. Terán o carácter de fillos os afillados e/ou sobriños que convivan co empregado e ás súas expensas. Ás axudas para a realización de estudos tamén terán dereito os que pertencesen á empresa ata o momento da súa xubilación e estean na dita situación ou estean na situación de invalidez provisoria ou permanente e total; tamén terán dereito a estas axudas para estudo os orfos de empregados da empresa.

As peticións clasificaranse necesariamente nos grupos seguintes:

a) Grupo primeiro: ensino preescolar e primeiro ciclo de educación primaria.

b) Grupo segundo: segundo e terceiro ciclo de educación primaria e primeiro e segundo da ESO.

c) Grupo terceiro: terceiro e cuarto da ESO, primeiro e segundo de bacharelato e ciclos formativos de nivel medio.

d) Grupo cuarto: ensinanzas universitarias ou de ciclos formativos superiores. Ensinanzas especiais para diminuídos físicos ou psíquicos.

Cando se presente unha solicitude que corresponda a estudos non especificados nestes grupos, a comisión paritaria asimilaraa a un de eles, tendo en conta a duración e o custo do estudo.

A contía do importe da axuda escolar para cada un dos grupos anteriormente especificados será como segue:

Ano 2004

Grupo primeiro120,21 euros.

Grupo segundo150,26 euros.

Ano 2004

Grupo terceiro187,83 euros.

Grupo cuarto234,79 euros.

Para optar á concesión da axuda escolar haberá que xuntar á solicitude os comprobantes de ter realizado a matrícula dos estudos que realizan, así como as cualificacións obtidas no curso anterior. Poderán acollerse á axuda os repetidores de primeiro ano, pero neste caso a axuda será dun 80% da correspondente ao seu grupo. Para os repetidores de segundo ano non se concederá axuda escolar.

Artigo 18º.-Nupcialidade.

O empregado de Norte Forestal, S.A. que contraia matrimonio recibirá a cantidade de 490,43 euros para o ano 2004.

Artigo 19º.-Natalicio.

Por cada fillo nacido ou adoptado establécese unha axuda de 245,21 euros no ano 2004.

Artigo 20º.-Nadal.

Atenderanse os gastos que ocasione o agasallo que tradicionalmente se fai a cada empregado con motivo das festas do Nadal. Asígnase a cantidade de 145,42 euros no ano 2004.

Artigo 21º.-Economato.

Norte Forestal, S.A. aboaralle semestralmente a cada traballador como axuda de economato a cantidade de 73,92 euros para o 2004.

Artigo 22º.-Plan de pensións.

Permanece en vigor o plan de pensións de Norte Forestal, S.A., no cal están todos os traballadores sometidos ao ámbito de aplicación persoal dos beneficios sociais.

Artigo 23º.-Fondo.

Fíxase un fondo total de corenta e dous mil setenta euros (42.070 euros) para atender os desembolsos establecidos nos artigos 13º a 21º, ambos inclusive, dos presentes beneficios sociais. O procedemento, prazos e asignacións correspondentes serán designados anualmente pola comisión paritaria do convenio colectivo.

Artigo 24º.-Incrementos.

As contías establecidas nos artigos 17º, 18º, 19º, 20º e 21º destes beneficios sociais serán revisadas de acordo co disposto no artigo 21º deste convenio colectivo.

ANEXO I

Representación dos traballadores

Indícase a seguir a lista de compoñentes da comisión negociadora do convenio colectivo para 2004, 2005, 2006 e 2008, en nome da representación dos traballadores:

Carlos García Val.

Joaquín Leis Lago.

Andrés Martínez Castiñeira.

Julio Pello Rodríguez.

ANEXO II

Comisión negociadora empresa

Indícase a seguir a lista da comisión negociadora do convenio colectivo para 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008, en representación da empresa.

Antonio Conde Manso.

Ricardo Llorente Morales.

ANEXO III

Táboas salariais

Táboa I.

NivelValor 2004 mesValor 2004 ano

D4684,829.587,50
D3720,0810.081,10
D2760,0910.641,31
D1800,7411.210,36
C4842,0111.788,13
C3882,6512.357,05
C2923,2912.926,11
C1964,5613.503,88
B41.011,1514.156,11
B31.066,7614.934,70
B21.134,0215.876,21
B11.190,7216.670,02
A31.250,2517.503,52
A21.326,6118.572,56
A11.392,9419.501,19

Táboa II (ano 2004).

CategoríaSalario baseIncentivoComplem. comidaComplem. dedicaciónTotal

día

Peón de viveiros25,083,413,490,0031,98

Peón forestal27,093,863,490,0034,44

Peón especialista28,193,443,490,0035,12

Xefe de cuadrilla30,433,463,493,2640,64

Operador de maquinaria31,007,193,490,0041,68

Encargado forestal33,863,393,493,3344,07

ANEXO IV

Táboa de referencia de Norte Forestal, S.A.

OrdeCash flow%OrdeCash flow%

10,360,2003390,158,250

20,720,4003493,168,308

30,900,5003596,168,367

43,010,6833699,178,425

56,010,94437102,178,483

69,021,20438105,188,541

712,021,46539108,188,600

815,031,72640111,198,658

918,031,98741114,198,717

1021,042,24842117,208,775

1124,042,50943120,208,833

1227,052,77044123,218,892

1330,053,03145126,218,950

OrdeCash flow%OrdeCash flow%

1433,063,29246129,229,008

1536,063,55347132,229,067

1639,073,81448135,239,125

1742,074,07549138,239,183

1845,084,33650141,249,242

1948,084,59751144,249,300

2051,094,85852147,259,358

2154,095,11953150,259,417

2257,105,38054153,269,475

2360,105,64055156,269,533

2463,115,90156159,279,592

2566,116,16257162,279,650

2669,126,42358165,289,708

2772,126,68459168,289,767

2875,136,94560171,299,825

2978,137,20661174,299,883

3081,147,46762177,309,942

3184,147,72863180,3010,000

3287,157,989

ANEXO V

Táboa de referencia de Grupo Ence

OrdeCash flow%OrdeCash flow%OrdeCash flow%

10,00000,00000420,04813,70860830,09748,62895

20,00120,02105430,04933,90605840,0986 8,65000

30,00240,04211440,05054,10350850,0998 8,67105

40,00360,06316450,05174,30096860,1010 8,69211

50,00480,08421460,05294,49841870,1022 8,71316

60,00600,10526470,05414,69586880,1034 8,73421

70,00720,12632480,05534,89331890,1046 8,75526

80,00840,14737490,05655,09076900,1058 8,77632

90,00960,16842500,05775,28822910,1070 8,79737

100,01080,18947510,05895,48567920,1082 8,81842

110,01200,21053520,06015,68312930,1094 8,83947

120,01320,23158530,06135,88057940,1106 8,86053

130,01440,25263540,06256,07803950,1118 8,88158

140,01560,27368550,06376,27548960,1130 8,90263

150,01680,29474560,06496,47293970,1142 8,92368

160,01800,31579570,06616,67038980,1154 8,94474

170,01920,33684580,06736,86783990,1166 8,96579

180,02040,35789590,06857,065291000,1178 8,98684

190,02160,37895600,06977,262741010,1190 9,00789

200,02280,40000610,07097,460191020,1202 9,02895

210,02400,42105620,07217,657641030,1214 9,05000

220,02520,44211630,07337,855101040,1226 9,07105

230,02640,46316640,07458,052551050,1238 9,09211

240,02760,48421650,07578,250001060,1250 9,11316

250,02850,50000660,07698,271051070,1262 9,13421

260,02880,54936670,07818,292111080,1274 9,15526

270,03010,74682680,07938,313161090,1286 9,17632

280,03130,94427690,08058,334211100,1298 9,19737

290,03251,14172700,08178,355261110,1310 9,21842

300,03371,33917710,08298,376321120,1322 9,23947

310,03491,53662720,08418,397371130,1334 9,26053

320,03611,73408730,08538,418421140,1346 9,28158

330,03731,93153740,08658,439471150,1358 9,30263

340,03852,12898750,08778,460531160,1370 9,32368

350,03972,32643760,08898,481581170,1382 9,34474

360,04092,52389770,09028,502631180,1394 9,36579

370,04212,72134780,09148,523681190,1406 9,38684

380,04332,91879790,09268,544741200,1418 9,40789

390,04453,11624800,09388,565791210,1430 9,42895

400,04573,31369810,09508,586841220,1442 9,45000

410,04693,51115820,09628,60789

ANEXO VI

Clasificación do persoal

-Persoal de administración.

Técnico titulado:

É aquel que, estando en posesión dun título expedido por unha escola técnica superior, facultade universitaria ou escola técnica de grao medio, exerce correctamente as funcións propias da súa profesión dentro da empresa con autonomía e responsabilidade directa.

Oficial de 1ª administrativo:

É o que, actuando ás ordes dun xefe se o houber, ten ao seu cargo un servizo determinado, dentro do cal obra con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ao seu cargo. Impulsa expedientes, realiza correctamente traballos e xestións administrativas de importancia.

Oficial de 2ª administrativo:

É o que efectúa de forma adecuada funcións administrativas de carácter secundario, con iniciativa e responsabilidade restrinxida, tales como: traballos auxiliares de contabilidade, confección e/ou codificación e cálculo destas, estatísticas, comprobacións, resumos, etc. Realiza igualmente o manexo de máquinas contables e pantallas de informática.

Auxiliar administrativo:

É o que realiza operacións elementais administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ao traballo daquelas, tales como arquivo, cálculos sinxelos, manexo de máquinas calculadoras, equipamentos informáticos, recepción telefónica, etc.

-Persoal de informática.

Programador de aplicacións:

É quen estuda os procesos complexos informáticos, confeccionando organigramas detallados do tratamento da información. Redacta programas na linguaxe que lle sexa indicada e realiza probas de ensaio deles. Atende á mellora na eficacia das aplicacións xa existentes e establece as medidas correctoras oportunas.

Deberá coñecer as linguaxes de programación coas que habitualmente traballe, con experiencia que lle permita resolver por si mesmo a práctica totalidade dos problemas que se lle presenten na definición e resolución de programas.

Operador de consola:

É quen manipula e controla ordenadores dotados dun sistema operativo complexo nun ámbito de multiprogramación, e mediante supervisión realiza programas sinxelos, levando a cabo as probas e verificacións de resultado deles. Encargarase do sistema de arquivo de documentación informática, esquemas de instalación, cadernos de explotación e usuario.

Deberá coñecer o sistema operativo dos equipamentos no que atinxe a comandos de operatoria do

sistema e as normas exixidas polo fabricante do ordenador para o correcto funcionamento deste, así como as normas de seguranza e disposicións de resgardo e copias de ficheiros para evitar posibles perdas de información.

-Persoal de campo.

Encargado xefe:

É a persoa que baixo as ordes do empresario efectúa traballos de vixilancia, organización e dirección das distintas tarefas que se lle encomenden en silvicultura, aproveitamentos, medición, maquinaria, etc., facilitando datos para a elaboración de custos e rendementos.

Encargado forestal:

É o traballador que baixo as ordes dun superior xerárquico, normalmente o encargado xefe, leva por delegación deste e baixo a súa supervisión, a organización dos traballos no monte, entre os que cabe destacar: silvicultura, repoboacións, medición, adquisición e/ou explotación de madeira, etc.

Operador de máquina:

É aquel que, estando en posesión da titulación correspondente e cos coñecementos necesarios, desenvolve as súas tarefas con maquinaria pesada forestal, tal como procesador, tractor forestal, autocargador, etc. tendo ao seu cargo o mantemento e conservación dela.

Xefe de cuadrilla:

É o traballador que, de acordo coas instrucións recibidas, se encarga de organizar e dirixir o traballo dun grupo de traballadores; está baixo as ordes do encargado e colabora con el en funcións.

Peón especialista:

É o traballador que manexa correctamente ferramentas manuais ou mecánicas tales como machado, motoserra, toradora, etc.; ben para pinchar a árbore ou, se é o caso, abrir brecha no tronco e ramas grosas dos que se van pinchar, ben para realizar traballos de limpeza.

Manexará tamén as cuñas metálicas para dirixir a caída dos fustes. Saberá realizar as operacións de cortar polo pé, tronzadura e derrama da árbore.

Peón forestal:

É quen se ocupa de traballos de explotación e/ou silvicultura que soamente requiren a achega de esforzo físico con ou sen utilización de ferramentas manuais. Realizará, entre outras, as seguintes tarefas: reunión de toros, empilamento de ramas, plantacións, etc.

Peón de viveiros:

É quen se ocupa da preparación e o acondicionamento do solo para a sementeira; a vixilancia e aplicación das atencións necesarias para o correcto crecemento e progreso da planta, conservación en perfecto estado das instalacións do viveiro, así como da ferramenta e maquinaria utilizadas no desempeño do seu traballo, da preparación da planta para enviar e da repartición desta ata o seu destino.