DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.810

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 14 de febreiro de 2005 pola que se determinan os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, ampliou as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, transferíndolle con carácter exclusivo a relativa a espectáculos públicos. Polo Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, prodúcese o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia na dita materia.

A Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Decreto 336/1996, do 13 de setembro, asumiu as competencias na citada materia, asignándollas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Neste decreto facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o seu desenvolvemento e adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade das funcións traspasadas.

Na súa virtude, véñense regulando, mediante as correspondentes ordes, os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A denominación e numeración dos espectáculos públicos e actividades recreativas axústase ao esta

blecido no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recretativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 245, do 20 de decembro).

Así mesmo, o Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, establece a previsión de que o horario de apertura e peche de salóns recreativos e de xogo será fixado por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Tendo en conta a experiencia maioritariamente positiva e pacífica no cumprimento daqueles, e a conveniencia de compatibilizar os intereses sociais e económicos dos sectores afectados co interese público xeral, procede fixar os horarios que rexerán a apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na comunidade autónoma, que comprenden dous períodos, un de inverno e outro de verán, coas datas correspondentes a ambos os dous. Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Fixación de horarios.

Os espectáculos e festas rematarán e os establecementos públicos poderán exercer a súa actividade, como máximo, ata as horas sinaladas que seguen a continuación:

Horario de inverno (desde o 1 de outubro ao 31 de maio).

1. Espectáculos públicos.

1.1. Espectáculos cinematográficos.

1.1.1. Cines tradicionais: 1.00 h.

1.1.2. Multicines: 1.00 h.

1.1.3. Cines de verán ou ao aire libre: 1.00 h.

1.1.4. Autocines: 1.00 h.

1.2. Espectáculos teatrais e musicais.

1.2.1. Teatros: 1.00 h.

1.2.2. Teatros ao aire libre ou eventuais: 1.00 h.

1.2.3. Auditorios: 1.00 h.

1.2.4. Auditorios ao aire libre e eventuais: 1.00 h.

1.2.5. Salas de actuacións: 1.00 h.

1.3. Espectáculos taurinos.

Ata as 22.30 horas.

1.4. Espectáculos circenses.

1.4.1. Circos: 0.00 h.

1.5. Espectáculos feirais.

1.5.1. Recintos feirais: 00.00 h.

2. Actividades recreativas.

2.1. Actividades culturais e sociais.

2.1.1. Museos: 22.00 h.

2.1.2. Bibliotecas: 3.00 h.

2.1.3. Bibliotecas móbiles: 23.00 h.

2.1.4. Ludotecas: 21.00 h.

2.1.5. Videotecas: 22.00 h.

2.1.6. Hemerotecas: 22.00 h.

2.1.7. Salas de conferencias: 1.00 h.

2.1.8. Salas de exposicións: 23.00 h.

2.1.9. Salas polivalentes e multiusos: 1.00 h.

2.1.10. Salas dedicadas á celebración de cineclubs: 1.00 h.

2.1.11. Pazos de exposicións e congresos: 1.00 h.

2.2. Actividades recreativas destinadas aos menores de idade.

2.2.1. Centros de ocio infantil: 21.00 h.

2.2.2. Áreas de xogo en centros comerciais: 22.00 h.

2.2.3. Áreas de xogo con aparellos de uso infantil: 22.00 h.

2.3. Actividades deportivas.

2.3.1. Estadios deportivos: 1.00 h.

2.3.2. Pavillóns deportivos: 1.00 h.

2.3.3. Recintos deportivos: 1.00 h.

2.3.4. Pistas de patinaxe: 1.00 h.

2.3.5. Ximnasios: 1.00 h.

2.3.6. Piscinas de competición: 1.00 h.

2.3.7. Piscinas recreativas: 1.00 h.

2.3.8. Vías públicas usadas para probas deportivas: 1.00 h.

2.4. Parques de atraccións e atraccións recreativas.

2.4.1. Parques de atraccións e temáticos: 00.00 h.

2.4.2. Parques acuáticos: 00.00 h.

2.5. Actividades recreativas e de azar.

2.5.1. Casinos de xogo: 4.00 h.

2.5.2. Salas de bingo: 4.00 h.

2.5.3. Salóns de xogo de máquinas de azar, tipo A, A especial e tipo B: 1.00 h.

2.5.4. Salóns recreativos de máquinas de azar, tipo A: 00.00 h.

2.5.5. Hipódromos: 23.00 h.

2.5.6. Tómbolas e similares: 2.30 h.

2.6. Actividades de ocio e entretemento.

2.6.1. Salas de festa: 4.30 h.

2.6.2. Discotecas: 4.30 h.

2.6.3. Salas de baile: 4.30 h.

2.6.4. Pubs: 3.00 h.

2.6.5. Karaoke: 3.00 h.

2.6.6. Cibercafé, salóns cíber e similares: 1.00 h.

2.6.7. De exhibicións especiais: 2.00 h.

2.7. Actividades de restauración.

2.7.1. Restaurantes: 1.30 h.

2.7.1.1. Salóns de banquetes: 2.30 h.

2.7.2. Bar, café-bar: 1.30 h.

2.7.2.1. Tablaos flamencos: 1.30 h.

2.7.3. Cafetaría: 2.00 h.

2.7.3.1. Cafés-teatro, cafés-concerto, cafés-cantante: 2.00 h.

2.7.3.2. Locais de restauración con horario especial en función do persoal ao que van dedicados: o horario que autorice a dirección xeral responsable en materia de espectáculos, tendo en conta as necesidades dos profesionais ás que van dirixidas.

2.8. Exhibición de animais.

2.8.1. Zoolóxicos: 23.00 h.

2.8.2. Acuarios: 23.00 h.

2.8.3. Recintos de exhibición cabalar e outras especies: 23.00 h.

2.9. Festexos e celebracións populares.

2.9.1. Solta de novelos: 19.00 h.

2.9.2. Verbenas e festas populares: 2.30 h.

2.9.3. Carrilanas: 19.00 h.

Horario de verán (desde o 1 de xuño ao 30 de setembro).

1. Espectáculos públicos.

1.1. Espectáculos cinematográficos.

1.1.1. Cines tradicionais: 2.00 h.

1.1.2. Multicines: 2.00 h.

1.1.3. Cines de verán ou ao aire libre: 2.00 h.

1.1.4. Autocines: 2.00 h.

1.2. Espectáculos teatrais e musicais.

1.2.1. Teatros: 2.00 h.

1.2.2. Teatros ao aire libre ou eventuais: 2.00 h.

1.2.3. Auditorios: 2.00 h.

1.2.4. Auditorios ao aire libre e eventuais: 2.00 h.

1.2.5. Salas de actuacións: 2.00 h.

1.3. Espectáculos taurinos.

22.30 horas.

1.4. Espectáculos circenses.

1.4.1. Circos: 1.00 h.

1.5. Espectáculos feirais.

1.5.1. Recintos feirais: 1.00 h.

2. Actividades recreativas.

2.1. Actividades culturais e sociais.

2.1.1. Museos: 22.00 h.

2.1.2. Bibliotecas: 3.00 h.

2.1.3. Bibliotecas móbiles: 23.00 h.

2.1.4. Ludotecas: 22.00 h.

2.1.5. Videotecas: 22.00 h.

2.1.6. Hemerotecas: 22.00 h.

2.1.7. Salas de conferencias: 1.00 h.

2.1.8. Salas de exposicións: 23.00 h.

2.1.9. Salas polivalentes e multiusos: 2.00 h.

2.1.10. Salas dedicadas á celebración de cineclubs: 1.00 h.

2.1.11. Pazos de exposicións e congresos: 1.00 h.

2.2. Actividades recreativas destinadas aos menores de idade.

2.2.1. Centros de ocio infantil: 22.00 h.

2.2.2. Áreas de xogo en centros comerciais: 22.00 h.

2.2.3. Áreas de xogo con aparellos de uso infantil: 22.00 h.

2.3. Actividades deportivas.

2.3.1. Estadios deportivos: 1.00 h.

2.3.2. Pavillóns deportivos: 1.00 h.

2.3.3. Recintos deportivos: 1.00 h.

2.3.4. Pistas de patinaxe: 1.00 h.

2.3.5. Ximnasios: 1.00 h.

2.3.6. Piscinas de competición: 1.00 h.

2.3.7. Piscinas recreativas: 1.00 h.

2.3.8. Vías públicas usadas para probas deportivas: 1.00 h.

2.4. Parques de atraccións e atraccións recreativas.

2.4.1. Parques de atraccións e temáticos: 2.00 h.

2.4.2. Parques acuáticos: 2.00 h.

2.5. Actividades recreativas e de azar.

2.5.1. Casinos de xogo: 4.00 h.

2.5.2. Salas de bingo: 4.00 h.

2.5.3. Salóns de xogo de máquinas de azar, tipo A, A especial e tipo B: 2.00 h.

2.5.4. Salóns recreativos de máquinas de azar, tipo A: 00.00 h.

2.5.5. Hipódromos: 00.00 h.

2.5.6. Tómbolas e similares: 3.30 h.

2.6. Actividades de ocio e entretemento.

2.6.1. Salas de festa: 5.30 h.

2.6.2. Discotecas: 5.30 h.

2.6.3. Salas de baile: 5.30 h.

2.6.4. Pubs: 4.00 h.

2.6.5. Karaoke: 4.00 h.

2.6.6. Cibercafé, salóns cíber e similares: 2.00 h.

2.6.7. De exhibicións especiais: 3.00 h.

2.7. Actividades de restauración.

2.7.1. Restaurantes: 2.30 h.

2.7.1.1. Salóns de banquetes: 3.30 h.

2.7.2. Bar, café-bar: 2.30 h.

2.7.2.1. Tablaos flamencos: 2.30 h.

2.7.3. Cafetaría: 3.00 h.

2.7.3.1. Cafés-teatro, cafés-concerto, cafés-cantante: 3.00 h.

2.7.3.2. Locais de restauración con horario especial en función do persoal ao que van dedicados: o horario que autorice a dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos, tendo en conta as necesidades dos profesionais ás que van dirixidas.

2.8. Exhibición de animais.

2.8.1. Zoolóxicos: 00.00 h.

2.8.2. Acuarios: 00.00 h.

2.8.3. Recintos de exhibición cabalar e outras especies: 00.00 h.

2.9. Festexos e celebracións populares.

2.9.1. Solta de novelos: 20.00 h.

2.9.2. Verbenas e festas populares: 3.30 h.

2.9.3. Carrilanas: 21.00 h.

Artigo 2º.-Ampliación do horario máximo.

As noites que van de xoves a venres, de venres a sábado, de sábado a domingo e de domingo a luns, así como as noites anteriores aos festivos e a do

festivo, estes horarios ampliaranse media hora. (Para salóns recreativos e de xogo esta ampliación será dunha hora).

Artigo 3º.-Horario de apertura.

As salas de festa, discotecas, salas de baile, pubs, karaokes, salas de exhibicións especiais, tablaos flamencos, cafés-teatro, cafés-concerto e cafés-cantante non poderán ser abertos antes das 10.00 horas da mañá.

Os locais de restauración con horario especial, en función do persoal ao que van dedicados, abrirán e pecharán de acordo coa autorización que dispoñan en cada momento. En todo caso, deberán pechar un período mínimo de dúas horas.

Os demais espectáculos e actividades recreativas non poderán comezar as súas actividades antes das 6.00 horas da mañá, e entre o peche e a apertura debe transcorrer, como mínimo, un período de 2 horas.

Artigo 4º.-Tempo de desaloxo.

A partir da hora límite de peche establecida nos artigos 1º e 2º, non se permitirá o acceso aos establecementos a ningún cliente, non se servirá ningunha consumición e deixará de funcionar a música ambiental, é dicir, finalizarán todas as actividades que se están desenvolvendo e acenderanse todas as luces para facilitar o desaloxo dos establecementos ou recintos, que deberán quedar baleiros de público no prazo máximo de trinta minutos.

Artigo 5º.-Competencia para horarios especiais.

5.1. Os delegados provinciais poderán autorizar ampliacións dunha hora sobre os horarios límite de peche establecidos nos artigos 1º e 2º, nos seguintes supostos:

a) Festas locais, patronais, do Nadal e verbenas populares.

b) Nas localidades turísticas, durante o período da maior afluencia, sempre e cando non se altere a normal convivencia da poboación.

c) Cando o requira a duración do espectáculo.

2. O director xeral con competencia en materia de espectáculos públicos, poderá autorizar ampliacións do horario regulado nesta orde, sempre que concorran circunstancias excepcionais que resulten acreditadas.

3. As ampliacións de horarios previstas nos puntos anteriores requirirán o informe previo do concello onde se desenvolva o espectáculo ou actividade recreativa, que se deberá emitir nun prazo máximo de 15 días. No caso de non emitirse o informe requirido, o órgano competente decidirá tendo en conta as circunstancias concorrentes.

4. As ampliacións de horario requirirán resolución motivada.

5. Revogación da autorización, o mal uso da autorización concedida, o cambio de circunstancias, as molestias debidamente comprobadas aos veciños ou a produción de desordes no contorno, poderán motivar a revogación da autorización, logo da audiencia do interesado.

Artigo 6º.-Sesións con menores.

As actividades de ocio e entretemento destinadas ao público en idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos deberán pechar antes das 23.00 horas no verán e antes das 22.00 horas no inverno.

Artigo 7º.-Infraccións e sancións.

Para as infraccións do disposto nesta orde, serán de aplicación as sancións previstas na Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Disposicións transitorias

Primeira.-As infraccións cometidas con anterioridade á entrada en vigor desta orde rexeranse pola normativa vixente no momento da súa comisión.

Segunda.-As licenzas concedidas con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, que requiran adaptarse deberán facelo nos prazos establecidos na dita norma. Mentres non se cumpra esta obriga suxeitaranse ao réxime de horarios anteriormente vixente, agás durante o horario de inverno que terán que pechar unha hora antes.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde desta consellería do 19 de xaneiro de 2004, pola que se aproban os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 e a Orde do 27 de decembro de 2004, pola que se prorroga a vixencia da Orde do 19 de xaneiro de 2004, pola que se aproban os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor na mesma data que o Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 245, do 20 de decembro).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2005.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local