DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.791

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de xaneiro de 2005 pola que se declara a alienabilidade dun ben inmoble procedente do patrimonio da extinta Cámara Agraria Local de Oímbra.

Polo Decreto 186/2000, do 7 de xuño (DOG nº 138, do 17 de xullo), desafectouse, entre outros inmobles, un que integraba o patrimonio da extinta Cámara Agraria Local de Oímbra.

Unha vez obtida a súa inscrición no correspondente rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Edificio de planta baixa e andar alto, de 72 m por planta respectivamente, construídos sobre un soar de 430 m de superficie segundo o seu título, de 347 m segundo certificación da Xerencia Terri

torial do Catastro de Ourense, no lugar de Costiña, hoxe avenida do Carregal nº 9, da vila e municipio de Oímbra (Ourense). Estrema: norte, Isaura Paulos González e concello de Oímbra; sur, estrada de Verín a Videferre; leste, Gracia Rodríguez García; e oeste, terreos do grupo escolar, hoxe terreos do concello.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Verín no tomo 732, libro 53, folio 135, predio nº 9.239.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2005.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA