DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.791

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

DECRETO 24/2005, do 10 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de tres vogais do Consello do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas.

No artigo 5 do Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller, e de conformidade co disposto no mesmo artigo da Lei 3/1999, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, se dispón que formarán parte do Pleno do Consello cinco persoas de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas, designadas polo Consello da Xunta de Galicia.

Polos decretos 188/1991, do 30 de maio, 123/1994, do 28 de abril e 15/2001, do 11 de xaneiro, nomeáronse cinco vogais do Consello do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Como queira que tres deles, María Teresa Fernández Piñeiro, Fe Rodríguez Rocha e María Paz García Rubio formularon a súa renuncia a continuar como membros do consello por razóns persoais, faise necesario, polo tanto, a súa substitución como vogais do devandito órgano.

Na súa virtude e, de acordo co establecido no Decreto 312/1999, do 11 de novembro, por proposta da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de febreiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Jaime Cabeza Pereiro, Montserrat Villarino Pérez e Milagros María Otero Parga como vogais do Consello do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller en substitución de Teresa Fernández Piñeiro, Fe Rodríguez Rocha e María Paz García Rubio.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de febreiro de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado