DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.784

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE AUTOESTRADA ALTO DE SANTO DOMINGO-OURENSE, S.A.

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2005 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra de construción AP-53, autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, treito: Alto de Santo Domingo-A-52, subtreito: enlace de Dozón-enlace de Cea, fracción I: enlace de Dozón-Amear.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Sociedade Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A. (Aceousa).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Administrativo-Financeiro.

c) Número do expediente: OBRA040101.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción da AP-53. Autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Treito: Alto de Santo Domingo-A-52. Subtreito: enlace de Dozón-enlace de Cea. Fracción I: enlace de Dozón-Amear.

b) Lugar de execución: Dozón (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 21.125.285,61 euros.

5. Garantías.

Provisioria: 422.505,71 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Aceousa.

b) Domicilio: rúa Varsovia, 4-C, 2º. Edificio Área Central.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 95 75 05.

e) Telefax: 981 95 75 06.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 4 de marzo de 2005, ás 12.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: A-2-f, B-2-f e G-1-f.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase de acordo co previsto no punto 5.1.2 do prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 7 de marzo de 2005, ás 12.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Aceousa.

2ª Domicilio: rúa Varsovia, 4-C, 2º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 4 meses desde a data límite de presentación de propostas.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Aceousa.

b) Domicilio: rúa Varsovia, 4-C, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: 17 de marzo de 2005.

e) Hora: 12.30 horas.

10. Outras informacións: as proposicións e o aval provisional deberán ser formulado conforme os modelos que se xuntan no prego de cláusulas.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 13 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2005.

Juan José Novoa Montero

Presidente da Sociedade Autoestrada Alto de Santo

Domingo-Ourense, S.A. (Aceousa)