DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ao público, durante o prazo de oito días fixados no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réximen local, do prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexen a contratación por concurso da asistencia técnica para a realización de emisións radiofónicas de locución, información, comunicación e divulgación, así como a xestión comercial da publicidade que se vai emitir na radio municipal, coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presentar as reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicación por concurso da asistencia técnica para a realización de emisións radiofónicas de locución, información, comunicación e divulgación, así como a xestión comercial da publicidade que se vai emitir na radio municipal. En todo caso, as licitacións aprazaranse de se presentaren reclamacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a realización de emisións radiofónicas de locución, información, comunicación e divulgación, así como a xestión comercial da publicidade que se vai emitir na radio municipal.

Duración do contrato: un ano prorrogable anualmente ata un máximo de catro anualidades.

Presentación de proposicións: durante un prazo de 15 días contado a partir da publicación do anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 14 de setembro de 2004.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde