DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2005 da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, nos cuarteiróns B, C1, C2 e D, abranguidos entre a avda. Juan Carlos I, parcela dotacional, cuarteirón AY e rúa da Estrada no contorno da antiga unidade de execución 14-1 do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

O Pleno da Corporación, en sesión de vinte e un de xaneiro de dous mil cinco, prestou aprobación inicial ao proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Pontevedra nos cuarteiróns B, C1, C2 e D, abranguidos entre a avda. Juan Carlos I, parcela dotacional, cuarteirón AY e rúa da Estrada no contorno da antiga U.A. 14.1, sendo o documento de ordenación de modificación do PXOU, redactado polo arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado con data de visado colexial do 9-3-2004 e 6-4-2004 modificado pola documentación visada o 25-11-2004 en cumprimento do informe da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda do 27-7-2004, dispoñéndose o sometemento á información pública mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos no Concello de Pontevedra e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso en dous días consecutivos, para os efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas.

Durante o prazo dun mes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións, desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e ata o transcurso do prazo dun mes computado desde a última das publicacións, calquera interesado poderá examinar no Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos, nº 2 desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formular as alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2005.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcade delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral