DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPP-1/2005).

A Xunta de Goberno local, en sesión realizada o 21 de xaneiro de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Único.-Admitir a trámite con carácter de aprobación inicial a modificación do Plan especial de reforma interior da ordenanza de transformación nº 7.D4.01 estrada dos Fortes, promovida por Construcciones Fontenla.

O expediente sométese ao trámite de información pública, polo prazo dun mes, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que no seu dereito competan. A consulta pode efectuarse no Servizo de Urbanismo, Sección de Planeamento, situado na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 8.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aprobados polo seu promotor.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2005.

Francisco Javier Losada de Azpiazu

Concelleiro delegado de Urbanismo