DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

ANUNCIO de licitación.

Arrendamento por procedemento aberto mediante concurso e polo trámite de urxencia de local sito na ala dereita da planta baixa do edificio do Complexo de Turismo Náutico, con destino a café-bar.

Obxecto do contrato: arrendamento por procedemento aberto mediante concurso e polo trámite de urxencia de local sito na ala dereita da planta baixa do edificio do Complexo de Turismo Náutico, con destino a café-bar, conforme o prego de cláusulas administrativas.

Lugar de execución: Concello de Castrelo de Miño.

Duración do contrato: catro anos improrrogables contados desde a data da sinatura do mesmo.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

Tipo de licitación: o canon mínimo que en concepto de arrendamento deberá satisfacer o licitador fíxase na cantidade de 26.016 euros polos catro anos improrrogables de duración do contrato, máis o 16% de IVE. A dita cantidade ratearase por meses. Quedan automaticamente excluídas as propostas que sexan inferiores ao canon mínimo.

Garantía provisoria: non se exixe.

Garantía definitiva: en metálico, equivalente a dúas mensualidades de renda.

Información: Concello de Castrelo de Miño.

Presentación das ofertas. Data límite de presentación: rematará aos trece días naturais contados desde o seguinte ao desta publicación. Se o último día fora inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Castrelo de Miño, de nove a trece horas.

Anuncio extenso: BOP de Ourense nº 26, do 2 de febreiro de 2005.

Castrelo de Miño, 7 de febreiro de 2005.

José Feijóo Villanueva

Alcalde