DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de estimación de alegacións e ampliación do prazo de licitación.

Por resolución do concelleiro-delegado de Urbanismo, Facenda e Réxime Interior, do 3 de febreiro de 2005, acordouse estimar as alegacións formuladas pola empresa Advanced Micro Devices ás prescricións técnicas do concurso para contratar a subministración, polo sistema de renting, de dous servidores para aplicacións informáticas no Concello de Cambre

(expediente 04/34-5 SUM), e aprobouse a seguinte modificación das precricións técnicas:

Páxina 15: na liña nº 22, substituír: «Dous (2) procesadores Xeon a 3,06 ghz», por: «Dous (2) procesadores X/86, modelo para determinar pola empresa», e suprimir na liña 23 a exixencia de «512/1 Mb L2/L3».

O prazo de presentación das ofertas polos licitadores amplíase durante cinco días máis, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de ampliación no DOG.

Cambre, 4 de febreiro de 2005.

(R.A. 26-6-2003)

Andrés Rafael López Arcay

Concelleiro-delegado de Urbanismo, Facenda

e Réxime Interior