DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle presentado por Promociones y Construcciones Julio Riveiro, S.L., no núcleo urbano de Santo Antoniño-Perdecanai.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2005, acordou prestarlle aprobación definitiva ao estudo de detalle presentado por Promociones y Construcciones Julio Riveiro, S.L., para o cambio de aliñación en soar sito en Santo Antoniño-Perdecanai, redactado polo arquitecto Jaime Camiña Estévez, con visado colexial do 4-11-2004.

Publícase este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, con data do 3 de febreiro de 2005 remitíuselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda unha copia autenticada do expediente administrativo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que os integran.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportunos.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, este anuncio serviralles tamén como comunicación do acordo a todos os propietarios afectados que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou non se puidese practicar.

Barro, 4 de febreiro de 2005.

José Antonio Landín Eirín

Alcalde