DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2005, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Carlos Lariño Calviño.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña tramítase o recurso interposto por Carlos Lariño Calviño (P.A. 265/2004) contra a Resolución do 27-9-2004 (DOG nº 194, do 5 de outubro), pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, na categoría de médico de familia.

O recorrente pretende que se lle incremente a puntuación obtida polos méritos de experiencia profesional e de formación, acreditados no concurso, e, por conseguinte, que se modifique a súa puntuación total na fase de selección, declarando que ten superado a dita fase.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2005.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos