DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2005, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Teodoro Freiría Figueroa.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso interposto por Teodoro Freiría Figueroa (P.A. 743/04) contra a Resolución do 28-4-2004 (DOG nº 87, do 6 de maio), pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, na categoría de técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

O recorrente pretende que se lle incremente a puntuación obtida polos cursos de formación acreditados no concurso da fase de selección e, por conseguinte, que se lle outorgue un total de 110,5 puntos nesta fase.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2005.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos