DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2005, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do arrendamento con opción de compra de equipamentos informáticos e licenzas. (C.P. 33/2004).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), modificada por Orde do 6 de setembro de 2004 (DOG nº 189, do 28 de setembro), convoca o seguinte concurso público de:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense, Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación, rúa Ramón Puga, 52. E-32005 - Ourense. Tfno. 988 38 59 49. Fax 988 38 58 49.

b) Número de expediente: C.P. 33/2004.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra de equipamentos informáticos e licenzas.

b) Número de unidades que hai que entregar: as indicadas na alínea 5.1 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lotes: 4. Posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

d) Lugar de entrega: Complexo Hospitalario de Ourense.

e) Prazo de entrega: ver alínea 7.2 da devandita cara.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 600.120 euros, IVE incluído.

5. Garantías exixidas: -Provisoria: 2% do orzamento de licitación do/s lote/s aos que se concorra. -Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do/s lote/s adxudicado/s, (ao adxudicatario).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade e domicilio: ver alínea 1 deste anuncio.

b) Data límite de obtención de documentos: o día en que remate o prazo de presentación de ofertas, en días hábiles de 9.00 a 14.00 horas, agás sábados.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: ver alíneas 15 e 16 da cara do prego.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 18 de marzo de 2005, ata as 14.00 horas. Cando a devandita data coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e a alínea 20 da cara do devandito prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52. Edificio de administración e consultas externas - planta baixa. 32005 Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si, salvo para o lote 4.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de apertura: 29 de marzo de 2005; 9,00 horas. Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense. Cando a devandita data coincida en sábado ou festivo, efectuarase o seguinte día hábil.

10. Outras informacións:

a) Criterios de adxudicación: ver alínea 11 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lingua en que debe figurar a documentación a presentar: castelán ou galego.

c) Prazo de execución: 36 meses.

d) Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

e) Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

11. Gastos de anuncios: o pagamento dos anuncios do concurso será a conta do/s adxudicatario/s.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 25 de xaneiro de 2005.

13. Páxina web onde se poden obter os pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 17 de xaneiro de 2005.

José Fermín Troncoso Casares

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense