DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 20 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifican requirimentos de documentación incompleta en relación cuns expedientes de axudas para situacións de emerxencia social e persoas que se relacionan no anexo.

No uso da competencia que lle atribúe a esta Delegación Provincial de Pontevedra a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro de 1991, e DOG nº 36, do 22 de febreiro de 1999), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación no último domicilio coñecido das interesadas, sen que esta se puidese practicar, por viren as cartas devoltas polo servizo de correos, notifícaselles ás persoas citadas no anexo que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais-Servizo de Prestacións (rúa Concepción Arenal, 8-2ª planta,Vigo), para teren coñecemento do contido do requirimento de documentación, advertíndolles que, de non se facer así, se terán por notificadas cos efectos que correspondan.

Vigo, 20 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Rosana Jiménez Hurtado.

DNI/NIE/pasaporte: 3226564.

Número de expediente: 36/057/0557/04.

Interesada: Erika Pastora Molina Quintero.

DNI/NIE/pasaporte: X3013207T.

Número de expediente: 36/057/0573/04.