DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 19 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica un requirimento de documentación incompleta en relación co expediente da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e persoa que se relaciona no anexo.

No uso da competencia que lle atribúe a esta Delegación Provincial de Pontevedra a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 191, do 3 de outubro de 1991, e DOG nº 36, do 22 de febreiro de 1999), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación no último domicilio coñecido do interesado, sen que esta se puidese practicar, por viren as cartas devoltas polo servizo de correos, notifícaselle á persoa citada no anexo que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, compareza persoalmente ou debidamente representada na Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e

Relacións Laborais-Servizo de Prestacións (rúa Concepción Arenal, 8-2ª planta,Vigo), para ter coñecemento do contido do requirimento de documen

tación, advertíndolle que, de non se facer así, se terá por notificada cos efectos que correspondan.

Vigo, 19 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Ángel Guitián Iglesias.

DNI/NIE/pasaporte: 36042184-B.

Número de expediente: 36/057/0352/04.