DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 33/2005 e tres máis.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ao amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta delegación provincial, todo isto ao abeiro do establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 33/2005.

Acta nº: 1314/2004.

Empresa: Transformaciones del Metal Cobres, S.L.

DNI/NIF: B-36.422.145.

Enderezo: peirao 47, Santa Cristina de Cobres-Vilaboa.

Materia: laboral.

Proposta de sanción: 300,52 euros.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante da notificación.

Expediente nº: 34/2005.

Acta nº: 1345/2004.

Empresa: Construcciones y Reformas Coperfi, S.L.

DNI/NIF: B-36.853.505.

Enderezo: Bº Casas, 5 - Gondomar.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.005,06 euros.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante da notificación.

Expediente nº: 35/2005.

Acta nº: 1346/2004.

Empresa: Construcciones y Reformas Coperfi, S.L.

DNI/NIF: B-36.853.505.

Enderezo: Bº Casas, 5 - Gondomar.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.005,06 euros.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante da notificación.

Expediente nº: 36/2005.

Acta nº: 1358/2004.

Empresa: Panadería Moscoso, S.L.

DNI/NIF: B-36.190.338.

Enderezo: Moscoso-Pazos de Borbén.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.502,54 euros.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante da notificación.

Vigo, 17 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra