DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Gondomar Achego.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Gondomar Achego, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: concello de Gondomar.

Profesional: o desenvolvemento do comercio e hostalaría de Gondomar.

Asinan a acta de constitución: Manuel González Moreira e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 27 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra