DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionadores de incendios OU 352/04 IN e sete máis, devoltos polo servizo de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 43/2003, de montes, do 21 de novembro e ao regulamento da Lei de incendios

forestais, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de correos.

Noméase instrutora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación para que poidan examinar os expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolver o presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ao interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo

das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolver o expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá implicar a terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñer os recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense.

Ourense, 18 de xaneiro de 2005.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/Ano

Denunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU 352/04 INMª Manuela Prada Cuadrado

DNI: 10083896

Lgar Quereño s/n

32310 Rubiá

Abandono de vehículo

LE-6810-D

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 371/04 INComercial Almocar, S.L.

CIF: B3200172

r/ Progreso nº 1

32005 Ourense

Abandono de vehículo

OR-28798

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 372/04 INJosé Dos Sanjos Dos Sanjos

DNI: 44476480

r/ Subida a Monterrei s/n

32600 Verín

Abandono de vehículo

M-3957-KC

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 386/04 INDaniel Assunçao Gomes Pereira

DNI: PO-016249

Sobradelo

32336 Carballeira de Valdeorras

Abandono de vehículo

C-0901-H

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 387/04 INPatricia Ponte Feliu

DNI: 34892726

r/ Corcubión nº 9, 5ºA

15010 A Coruña

Abandono de vehículo

C-4388-AS

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 393/04 INJosé Dos Sanjos Turibio

DNI: 001489

r/ Outeiro Subida a Monterrei s/n

32600 Verín

Abandono de vehículo

Furgoneta marca Ebro

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 422/04 INMohamed Marbi

DNI: X1556081L

Avda Madrid nº 64

32630 Xinzo de Limia

Abandono de vehículo

9287-BMM

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A

OU 424/04 INManuel González Freitas

DNI: 34578523

r/ Bispo Muñoz de la Cueva nº 15

32689 Cualedro

Abandono de vehículo

OU-0672-D

Artigo 67 n) e 68.3º a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes 300,51 A