DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador de animais potencialmente perigosos CO-APP-2004-0052.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publicar a proposta de resolución do procedemento san

cionador por infracción administrativa da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE nº 307, do 24 de decembro) por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servizos Múltiples-Monelos-da Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con todos os documentos que constan nos expedientes, remitiranse ao director xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente para a resolución dos procedementos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 12 de xaneiro de 2005.

Ana Mª Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-APP-2004-0052.

Denunciado: David José Núñez Vázquez.

NIF: 47364870-G.

Último enderezo coñecido: rolda de Nelle, 12-2º BA Coruña.

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso sen licenza, en lugar público, sen cadea e sen buceira.

Tipificación: artigo 13.1º b) e 13.2º d) da Lei 50/1999.

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 2.405 A de multa.