DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, da proposta de resolución do procedemento sancionador de incendios forestais CO-INC-2004-0118.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar a proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes (BOE nº 280, do 22 de novembro), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servizos Multiples-Monelos-da Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con todos os documentos que constan no expediente, remitiranse ao director xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 12 de xaneiro de 2005.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-INC-2004-0118.

Denunciado: Joaquín Romero Villaverde.

Último enderezo coñecido: Boel-Outes (A Coruña).

Feitos denunciados: facer unha queima en terreo agrícola en época prohibida, e sen gardar as debidas precaucións (de noite e con néboa).

Tipificación: Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, artigo 67 d) en relación co artigo 3 e 5.4º da Resolución do 13-1-2004, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2004.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 600 A de multa.