DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de incendios CO-INC-2004-0097.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que con esta data resolvín publicar a resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, (BOE nº 280, do 22 de novembro), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción deberá ser ingresado unha vez esgotada a vía administrativa (utilizando o impreso de pagamento que se achegará coa notificación) en Caixa Galicia Cta. Contable 840. Código 001, ou ben en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

De non facer o ingreso nese prazo, procederase sen máis trámite á súa recadación pola vía de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ao de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2005.

Ana Mª Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-INC-2004-0097.

Denunciado: Manuel Guerra Fraga.

Último enderezo coñecido: Tornos, 17-Dorneda-Meiras-Oleiros.

Feitos denunciados: realizar unha queima de restos forestais sen a preceptiva autorización.

Tipificación: 68.3º a) en relación co 67 e) da Lei 43/2003, de montes, en relación co artigo 5.1º da Resolución do 13 de xaneiro de 2004.

Cualificación: leve.

Sanción imposta: 100 A de multa.