DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, da proposta de resolución do procedemento sancionador de residuos CO-RES-2004-0068.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar a proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non poder realizar a súa notificación.

O acordo de iniciación foi publicado no DOG nº 243, do 16-12-2004, por ser imposible a súa notificación polo servizo de correos.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servizos Múltiples-Monelos-da Coruña.

Transcorrido o prazo sinalado esta proposta de resolución será remitida, para a súa resolución á delegada provincial de Medio Ambiente na Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 11 de xaneiro de 2005.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2004-0068.

Denunciado: José Regueiro López.

CIF: 76346829-P.

Último enderezo coñecido: Castenda-15683 Tordoia.

Feitos denunciados: eliminación incontrolada de residuos mediante queima.

Tipificación: Lei 10/1998, de residuos, artigo 34.4º c) en relación co artigo 34.3º b).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 300 A de multa