DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da incoación do expediente sancionador PO-CN-2004/64 (conservación da natureza) e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución ditadas pola instrutora nos expedientes que por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, estanse a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, poderán examinar o expediente, no Servizo Técnico-Xurídico, sito na r/Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-CN-2004/64.

Nome do denunciado: Genoveva Rodríguez Domínguez.

Último enderezo coñecido: r/ Spor Descubridores, 19 de Tres Cantos (Madrid).

Feitos denunciados: estacionar un vehículo marca Citroën Saxo, matrícula 1248-CBV nas inmediacións da localidade de San Vicente do Grove (Pontevedra), e máis concretamente pola zona da Enseada de Castiñeira tamén coñecida como Con Negro, a que se atopa situada entre punta Barreiro e punta de Pateiro, nas inmediacións da praia e no interior do espazo natural protexido.

Feitos denunciados ás 17.50 horas do 16 de xuño de 2004.

Precepto infrinxido: infracción leve do artigo 62 en relación co artigo 29.1º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 A.

-Expediente: PO-CN-2004/45.

Nome do denunciado: José Víctor Piñeiro Otero.

Último enderezo coñecido: r/ Ribeiro, 76, Corbillón de Cambados (Pontevedra).

Feitos denunciados: estacionar un vehículo ciclomotor marca Peugeot Speed Fire, con matrícula C-0525-BBJ, dentro dun espazo natural en réxime de protección xeral denominado complexo Con Negro (O Grove), facendo caso omiso ao sinal de prohibición de entrada de vehículos que se atopaba no lugar de acceso, e que advirte a prohibición de vulnerar o espazo natural protexido.

Feitos denunciados ás 17.00 horas do día 3 de xullo de 2004, na praia de Con Negro, do concello do Grove.

Precepto infrinxido: infracción leve do artigo 62 en relación co artigo 29.1º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 A.