DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da resolución do expediente sancionador PO-INC-04/238 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo mediante o impreso que ten á súa disposición no Servizo Técnico Xurídico da Delegación Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra, rúa Benito Corbal 47, 5ª planta. O período voluntario de pagamento será, segundo o artigo 20.2º do Regulamento xeral de recadación: a) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. b) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ao non interpor recurso de alzada dentro do prazo. As débedas non satisfeitas nos puntos citados nos puntos anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 18 de xeneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-INC-04/238.

Denunciada: María del Rocío Sousa Puentes.

Último enderezo coñecido: Menéndez Pelayo, 21-4º B, 36211 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo no monte.

Precepto infrinxido: artigo 67 n) da Lei de montes.

Precepto sancionador: artigo 74 da Lei de montes.

Sanción: 300 euros.