DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-INC-04/231 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servizo Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pon

tevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-INC-04/231.

Denunciado: Materiales del Noroeste, S.A.

Último enderezo coñecido: Lourizán, 36153 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 67 n) da Lei de montes.

Precepto sancionador: artigo 74 da Lei de montes.

Sanción: 300 euros.