DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-A-2004/47 (animais-Pontevedra) e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución ditadas pola instrutora nos expedientes que por infracción á Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, estanse a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, poderán examinar os expediente no Servizo Técnico-Xurídico, sito na r/Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-A-2004/47.

Nome do denunciado: Juan José Bértolo Ferreiro.

Último enderezo coñecido: r/ Ratel, 10-Sta. Mariña de Presqueiras - Forcarei (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Rottweiler en liberdade nunha pequena praza rodeada de vivendas, carecendo de licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente perigosos.

Feitos denunciados ás 11.30 horas do 29 de agosto de 2003 en Castrotión, na localidade de Oca, concello da Estrada.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 13.2º a) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 300,51 A, sen prexuízo de que poida terse en conta á hora de resolver o expediente a obtención da licenza polo denunciado.

-Expediente: PO-A-2004/49.

Nome do denunciado: Evaristo Varela Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ Doctor Canoa, 12-6º C de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Doberman sen licenza administrativa.

O dito can non tiña a identificación legal.

Feitos denunciados ás 9.00 horas do día 3 de marzo na estrada provincial, á beira do colexio público López de Vega de Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e grave do artigo 13.2º b) da citada Lei 50/1999.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 2.704,56 A, sen prexuízo de que poida terse en conta á hora de resolver o expediente a obtención da licenza polo denunciado.

-Expediente: PO-A-2004/50.

Nome do denunciado: Gabriel Gómez Alves.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel de Castro, 2-6º B de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: levar un can potencialmente perigoso de raza American Staafforshire pola vía pública sen buceira, e carecer de licenza municipal.

Feitos denunciados ás 12.30 horas do 16 de marzo de 2004 na Avda. Castelao nº 66 de Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e grave do artigo 13.2º d) da citada Lei 50/1999.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 2.704,56 A, sen prexuízo de que poida terse en conta á hora de resolver o expediente a obtención da licenza polo denunciado.

-Expediente: PO-A-2004/63.

Nome do denunciado: Manuel Teijeira Sousa.

Último enderezo coñecido: r/ Urzaiz, 99-4º B de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: golpear repetidamente a un can contra as barras dun balcón e darlle patadas.

O can está desnutrido, en estado de abandono e con feridas polo corpo.

Feitos denunciados ás 18.30 horas do 6 de maio de 2004 na r/ Rúa Alta, 30 de Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 20.1º a) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 1.500 A.