De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta delegación provincial.
O interesado poderá interpor recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado en Vigo.
Nº expediente: 2002/386-5.
Interesado: Manuel Carlos Araújo de Barros.
Domicilio: descoñecido.
Asunto: notificación de resolución administrativa de tutela de data 22-12-2004.
Vigo, 5 de xaneiro de 2005.
Francisco J. González Vicente
Delegado provincial de Pontevedra