DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de febreiro de 2005 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servizo de transporte para o programa Coñece España 2005.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro de 2005, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 2.441, no punto 9. Apertura de ofertas, onde di: «e) Hora: ás 12.00 h», debe dicir: «e) Hora: ás 13.00 h».