DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servizo de limpeza da Casa da Xuventude de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servizos:

1. Adxudicación do concurso público para a contratación do servizo de limpeza da Casa da Xuventude de Ourense.

2. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 34/2004.

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza da Casa da Xuventude de Ourense.

c) Publicación do anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 224, do 17 de novembro de 2004.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación (plurianual).

Importe total:

Ano 2005: 37.120 A.

Ano 2006: 37.120 A.

6. Adxudicación.

a) Data: 13 de decembro de 2004.

b) Contratista: Linorsa.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación, anos 2005 e 2006: 63.391,68 A.

Ourense, 18 de xaneiro de 2005.

P.D. (Orde 14-3-2003)

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense