DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa ao expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-119/2004.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expedientes: OU-E-119/2004.

Denunciado: José Manuel González Prieto.

DNI: 76714535.

Enderezo: rúa Muralla-Verín.

Establecemento: Coyote; praza Alameda-Verín (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23 o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.

Importe da sanción: 1.200 euros.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova Recadación Xunta, modelo XTAX, ou cta. contable 840, código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en avda. Habana, 79-2ª esquerda, en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co disposto na disposición 2ª da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 31 de xaneiro de 2005.

Marisol Díaz Mouteira

Delegada provincial de Ourense