DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2005, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de xogo LU-13/2004.

Intentada a notificación directa á empresa operadora, en relación co expediente sancionador en materia de xogo, que se relaciona no anexo, e ao non poder efectuarse, esta Dirección Xeral de Interior e Protección Civil resolve ao abeiro do previsto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, proceder á notificación da dita resolución mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboar o importe da multa por transferencia bancaria, no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións á súa disposición na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local en Lugo (sita na Ronda da Muralla, nº 70-4ª planta), a favor do Tesouro da Facenda, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, facendo constar o número de expediente sancionador. De non efectuar o pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2005.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

Expediente: LU-13/2004.

Empresa operadora: Otegasa Recreativos, S.L.

Enderezo: rúa Alférez Baanante, nº 52, 27500 Chantada (Lugo).

CIF: B-27151232.

Establecemento: Café O Ribeiro.

Data de resolución: 11 de xaneiro de 2005.

Tipificación e precepto infrinxido: infracción grave do artigo 29 i) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción imposta: multa de 3.000,01 A.

C/c para ingresar: Caixa Galicia ou Caixanova.