DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/353).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. C.T.C. Nogueira, Conxo.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 510 m, coa orixe na L.M.T.S. Santiago de Compostela II, Paxonal, Pontepedriña (expte. 207/98), tramo alimentación a C.T. Monte Seixo, condutor tipo R.H.V., e final na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea cunha lonxitude de 15 m, coa orixe no C.T.C. proxectado, condutor tipo R.Z.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 200 m coa orixe no cambio aéreo-subterráneo R.B.T.S. proxectada a 5 m do C.T., condutor tipo R.Z. e apoios de formigón. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 30 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña