DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/351).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. C.T. polígono industrial parcela 94.

Situación: Ferrol e Narón.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al:

-De 719 m de lonxitude, en arqueta esquina r/Lérez con r/Pintor Bello Piñeiro en liña a C.T. Fontaíña e final en arqueta r/Retorta ao lado do C.T. Retorta, existente.

-De 116 m de lonxitude, coa orixe e final no tramo de liña que interconecta o C.T. A Gándara, 5 e C.T. A Gándara, 4, unha vez entre e saia do C.T. en parcela nº 94 do polígono industrial da Gándara, que se vai instalar.

-Centro de transformación en edificación de 630 kVA, e tensións de 15/0,400-0,230 kV, en parcela nº 94 do polígono da Gándara. Concellos de Ferrol e Narón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 30 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña