DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/179).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Balteiro.

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea a media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con condutor R.H.V 12/20 kV de 3 (1x150) mm Al, de 695 m de lonxitude, coa orixe en torre metálica inmediata a C.T. Muíños e final no C.T. Balteiro, que se vai a instalar.

Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,400-0,230 kV, en Balteiro e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con condutor R.Z., de 450 m de lonxitude, interconectando as redes existentes entre os lugares de Balteiro e A Hortiña. Concello de Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 30 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña