DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/356).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV, Tambre, Negreira. Variante subterránea entre sub. Negreira e apoio 338 PAS.

Situación: Negreira.

Descricións técnicas: modificación de liña de alta tensión, a 66 kV, Tambre, Negreira, consistente en:

-Pasar a subterránea, baixo tubo e con condutor R.H.Z.1. 36/66 kV de 3(1x630) mm Al, de 850 m de lonxitude, desde o apoio P-332 BIS que se vai implantar en inmediacións da subestación de Negreira, seguinto vial ata inmediacións do C.T. Campos e a r/ Nelson Mandela ata o apoio nº P-338 PAS, que se vai instalar, no lugar de Vilachán de Arriba.

-Implantar novos apoios metálicos de celosía, para pasos aéreo-subterráneo denominados P-332 BIS e P-338 PAS, cos novos vans aéreos respecto destes apoios en 92 m e 261 m. Concello de Negreira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 29 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña