DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/355).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV Tambre, Padrón. Paso a subterráneo entre sub. Padrón e apoio 120.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: modificación de liña de alta tensión, a 66 kV, dobre circuíto Tambre-Padrón, consistente en:

Pasar a subteránea, baixo tubo e con condutor 2 RHE 36/66 kV de 3(1x630) mm Al, en dobre circuíto, de 390 m de lonxitude, coa orixe na subestación de Padrón e final no apoio metálico de celosía nº 120A PAS para paso aéreo-subterráneo, que se vai a implantar en inmediacións do río Sar e discorrendo por avda. Camilo Xosé Cela e vial lado canle do río Sar, acompañado de cable de fibra óptica tipo TKT 48F, para telecomunicacións. Concello de Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 29 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña