DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/474).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T. edificio Montes.

Situación: Laxe.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,275 km, coa orixe na L.M.T.A. CBA-804 Laxe, no apoio onde se sitúa o C.T. Laxe IV, que se vai suprimir, condutor tipo R.H.V., e final no C.T. edificio Montes (proxectado).

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Laxe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña