DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2005, do Servizo Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-01448-O-2004 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes dentro

do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Estas sancións foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25% do seu importe na forma prevista no artigo 146.3º da Lei 16/1987, modificada pola Lei 29/2003, do 8 de outubro.

Para que conste, lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 26 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 17 de xaneiro de 2005.

Manuel Grande Grande

Xefe do Servizo Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01448-O-2004

PO-0659-BF

G.C. de Tráfico

Grúas y Servicios de Carretera, S.L.

Rapeira, 17

36658 Portas (Pontevedra)

Circular transportando unha peza metálica en réxime de transporte especial non levando a bordo do vehículo a autorización. Tarxeta de transporte. Presenta fotocopia dela en cor sen compulsar.

10-6-2004; 14.45; N-634; 700,000

Artigo 119 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArtigo 143.1º b) Lei 16/1987, do 30 de xullo201 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01751-O-2004

C-3409-CD

G.C. de Tráfico

Construcciones Javier Gallardo, S.L.

San Breixo Loureiro, s/n

15200 Noia (A Coruña)

A realización dun transporte privado en vehículo lixeiro, carecendo da tarxeta de transporte. Leva un compresor de aire e materiais da construción.

26-8-2004; 18.17; CP-1105; 10

Artigo 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigo 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArtigo 143.1º b) Lei 16/1987, do 30 de xullo201 euros