DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2005, do Servizo Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00141-O-2004 e seis máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, en Caixa Galicia, cta. contable 840 código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAT, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ao non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ao seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de xaneiro de 2005.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servizo Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00141-O-2004

PO-4033-AD

G.C. de Tráfico

Mamoure Faye

César Boente, 6-1º

36002 Pontevedra

Circular transportando 100 bolsos de muller carecendo de autorización de transporte privado complementario. Servizo privado.

11-1-2004; 7.00; N-550; 125

Arts. 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º b) Lei 16/1987, do 30 de xullo400 euros

PO-00251-O-2004

M-2045-NK

G.C. de Tráfico

Abdelkaby Benserya

Casa Palamorales, 1

30700 Torre-Pacheco (Murcia)

Circular transportando alfombras, carecendo no vehículo da tarxeta de transportes. Servizo privado.

14-1-2004; 18.05; PO-549; 0,300

Arts. 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º c) Lei 16/1987, do 30 de xullo400 euros

PO-00382-O-2004

PO-1248-W

G.C. de Tráfico

Agrícola Salnés, C.B.

Sasugueiro, 32

36630 Cambados (Pontevedra)

Circular transportando un motocultor, carecendo de autorización de transporte. Servizo privado.

13-1-2004; 10.00; PO-548; 8

Arts. 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º c) Lei 16/1987, do 30 de xullo400 euros

PO-00484-O-2004

7009-BXY

G.C. de Tráfico

Pavimentos Deva, S.L.

Aldea Pontedeva, s/n

32235 Pontedeva (Ourense)

Efectuar transporte de mercadoría (5 garrafas de gasoil para maquinaria) carecendo de autorización administrativa. Servizo privado.

18-2-2004; 9.45; A-52; 306

Arts. 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º c) Lei 16/1987, do 30 de xullo400 euros

PO-00779-O-2004

PO-1448-BC

G.C. de Tráfico

Agrícola Salnés, S.L.

Sabugueiro, 32

36630 Cambados (Pontevedra)

Circular transportando maquinaria agrícola e repostos nun vehículo lixeiro carecendo de tarxeta visado de transportes. Servizo privado.

24-2-2004; 10.30; PO-307; 1,500

Arts. 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º c) Lei 16/1987, do 30 de xullo400 euros

PO-01150-O-2004

3968-CPM

G.C. de Tráfico

David Sio Docampo

Lg. A Igrexa, 75

36416 Tameiga, Mos (Pontevedra)

Circular efectuando un transporte de paquetes, carecendo da autorización de transporte. Servizo público. Compróbase no Servizo Provincial de Transportes de Pontevedra que o vehículo obtivo tarxeta de transportes con posterioridade á data da denuncia.

2-3-2004; 12.30; PO-552; 1,200

Arts. 47 e 90 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 109 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º b) Lei 16/1987, do 30 de xullo201 euros

PO-04150-O-2003

PO-1120-BG

G.C. de Tráfico

María Inés Ramírez Cabeda

Sabarís, 50

36157 Campañó (Pontevedra)

Circular transportando estruturas metálicas e madeiras, carecendo de tarxeta de transportes. Servizo privado.

17-12-2003; 16.45; PO-531; 0,500

Arts. 47 e 103 Lei 16/1987, do 30 de xullo. Arts. 41 e 158 R.D. 1211/1990, do 28 de setembroArt. 143.1º c) Lei 16/1987, do 30 de xullo400 euros