DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.751

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (596/2004).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo número 596/2004, seguidos por instancia de José Antonio González Méndez contra a empresa Álvaro Vidal Monteserín e outros sobre cantidade, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza.-En Lugo o dezanove de xaneiro do ano dous mil cinco.

Vistos por Fernando Fernández Olmedo, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 596/2004 sobre reclamación de cantidade, en que son partes demandante José Antonio González Méndez, asistido da letrada Mª Teresa Souto Neira e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Juan Manuel Vidal Pardo. Non compareceron as empresas codemandadas Eva Pérez López (Mas Q Pizza) nin Álvaro Vidal Monteserín, malia estar citadas en legal forma.

Ditamino que estimando a demanda formulada por José Antonio González Méndez contra as empresas Álvaro Vidal Monteserín e Eva Pérez López (Mas Q Pizza), absolvo os demandados das pretensións contidas nela. Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste Xulgado do Social ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral. Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando Fernández Olmedo. Rubricado. Publicación.-Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a subscribe, encontrándose celebrando audiencia pública no día da súa

data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Álvaro Vidal Monteserín en ignorado paradoiro, expido e asino a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o dezanove de xaneiro de dous mil cinco.

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA