DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (4/2004).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 4/2004 por instancia de Antonio López Uzal contra Construcciones Coenge, S.L. Unipersonal sobre salarios, nos que recaeu sentenza en data 4-2004 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda promovida por Antonio López Uzal contra Construcciones Coenge, S.L. Unipersonal debo condenar e condeno á demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.660,80 euros por todos os conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentenza, contra a que poderá recorrerse en suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ao tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5605 0000 60 0 04, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista, sen cuxo requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentenza. Debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 650 04 entregándose o xustificante na secretaría ao tempo de

interpoñer o recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones

Coenge, S.L. Unipersonal expido e asino esta cédula na Coruña o dez de xaneiro de 2005.

Secretario xudicial

Rubricado