DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (848/2004).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, doy fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 848/2004 por instancia de Argentina Prieto González contra Mundo Novias, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentenza con data do 18 de xaneiro de 2005 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Argentina Prieto González, declaro a improcedencia do seu despedimento e ante a imposibilidade de readmisión declaro extinguida a súa relación laboral coa empresa Mundo Novias, S.L. a que condeno a aboarlle a cantidade de 16.690,78 A en concepto de indemnización e 3.076,12 A de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0848.04 de Banesto (0030) desta cidade denominada «Conta do Xulgado do Social número tres» o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que

sirva de notificación en forma á empresa Mundo Novias, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 19 de xaneiro de 2005.

O secretario xudicial

Rubricado