DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (352/2003).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento xuízo ordinario co número 352/2003, sobre división de cousa común, en que se ditou sentenza que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela (A Coruña) o 30 de xuño de 2004.

Vistos por min, Pedro Fernández Mora, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trución número tres desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo ordinario, número 352/2003, seguidos entre Gerardo Miras Carneiro, con domicilio en Teo (A Coruña), Vaamonde, e Eduardo Miras Carneiro, con domicilio en Teo (A Coruña), Lampai, ambos os dous como demandantes, representados polo procurador Narciso Caamaño Queijo e asistidos polo letrado Cesáreo Pardal Castro, e a comunidade hereditaria-herdanza xacente de Constante Miras Carneiro, como demandada, a cal se encontra en situación procesual de rebeldía neste procedemento, versando este sobre acción declarativa de propiedade e división de cousa común, decido que estimando integramente a demanda promovida polo procurador Sr. Caamaño Queijo, en nome e representación de Gerardo Miras Carneiro e Eduardo Miras Carneiro, actuando este último en nome propio e ademais en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa María Aurora Chico Cuence, contra a comunidade hereditaria-herdanza xacente

de Constante Miras Carneiro, debo declarar e declaro que o predio 427 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Luou, descrito no fundamento de dereito primeiro desta resolución, pertence en propiedade e pro indiviso ás seguintes persoas e nas seguintes proporcións:

-A Eduardo Miras Carneiro, casado con María Aurora Chico Cuence, en tres sextas partes do predio.

-A Gerardo Miras Carneiro nunha terceira parte do predio.

-Á herdanza xacente ou os eventuais herdeiros de Constante Miras Carneiro, en dúas sextas partes do referido predio.

Igualmente debo declarar e declaro que os demandantes non están obrigados a permanecer en comunidade coa parte demandada, sobre o dito predio, procedendo a división da comunidade dominical ordinaria formada polos litigantes sobre o predio descrito anteriormente. Esta división levarase a cabo en execución de sentenza polas regras da división da herdanza, respectando nesta división a parte ou cota que no predio obxecto de división corresponde aos precitados copropietarios.

Do mesmo modo, debo condenar e condeno a parte demandada a estar e pasar polas citadas declaracións.

Todo isto sen facer especial pronunciamento en materia de custas, debendo cada parte satisfacer as causadas pola súa instancia e as comúns pola metade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe preparar recurso de apelación, perante este mesmo xulgado, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación aos demandados rebeldes comunidade hereditaria-xacente de Constante Miras Carneiro, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o trinta de xuño de dous mil catro.

O secretario

Rubricado