DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (168/2003).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Instrución número un de Arzúa

Dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas nº 168/2003 acordouse notificarlle o auto con data catorce de xaneiro actual á persoa que se dirá, por unha falta de realizar actividades sen seguro obrigatorio, prevista e penada no artigo 636 do Código penal, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acórdase o arquivo desta causa ao despenalizarse a falta pola que se condenou a José Ángel Montoya Ventos.

Remítase testemuño da causa á Xefatura Provincial de Tráfico para os efectos administrativos procedentes.

Acórdase deixar sen efecto o auto de data 3 de xuño de 2004, por medio do cal acordabase o embargo do vehículo Citroën C 25 D, matrícula PO-4624-AH.

Notifíqueselle esta resolución ao Ministerio Fiscal, e ao condenado, ao non ser atopado nos domicilios que figuran en autos, verifíquese a través do Diario Oficial de Galicia».

E para que conste e sirva de notificación a José Ángel Montoya Ventos, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Arzúa o dezanove de xaneiro de dous mil cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA