DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.744

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación Provincial de Ourense, en sesión do Pleno que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2005, adoptou o acordo relativo á creación do posto de colaboración de secretario-interventor asesor, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, propoñendo a súa clasificación en clase terceira.

O artigo 2 g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e ser clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da comunidade autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 g), 5 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e no uso da atribución do artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e de conformidade coa Orde do 12 de febreiro de 2003 sobre delegación de competencias, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2003, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Crear o posto de traballo de secretario-interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

Segundo.-Clasificar o citado posto en clase terceira (3ª), e reservalo a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de Secretaría-Intervención.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo determina o artigo

46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2005.

P.D. (Orde 12-2-2003 modif. pola do 31-10-2003)

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local