DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.742

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 3 de febreiro de 2005 pola que se anuncia a convocatoria pública, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer todos os funcionarios que reúnan os requisitos que se exixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra administración pública ou que preste os seus servizos na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia dunha comisión de servizos concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984,

do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupar o posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto de traballo se se considerase oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á escolla do/a demandante, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2005.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

Código: PE.C02.00.001.15770.001.

Denominación do posto de traballo: S. X. de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa.

Centro directivo: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Complemento específico: 15.821,52 euros.

Adscr. Adm. P.: A11.

Formación específica: 523-640.-Descrición códigos da adscrición a administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Admón. da Xunta de Galicia, Admón. do Estado, Admón. de Comunidades Autónomas).-Descrición códigos de formación específica: 640 (para persoal doutra Admón., curso de perfeccionamento de galego. Requisito indispensable). 523 (diploma directivo).

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL