DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2005 Páx. 2.741

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 9 de febreiro de 2005 pola que se resolve a convocatoria pública, para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada por Orde do 27 de outubro de 2004 (DOG nº 217, do 8 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de tra

ballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 27 de outubro de 2004 (DOG nº 217, do 8 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3492924146 A1135.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Diéguez Alonso, Rosa María.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do conselleiro.

Dependencia: gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 20.

NRP: 2618865202 A0701.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Moreno Talaya, Eloísa.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servizo Laboratorios Oficiais.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 28.