DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2005 Páx. 2.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2005 pola que se convoca un curso sobre formadores de educación viaria escolar.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, de creación do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso sobre formadores de educación viaria escolar, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Iniciar ou perfeccionar nas técnicas de educación viaria aos membros dos corpos de policía local que ben se incorporen á tarefa de formadores de educación viaria, ou a veñan xa desempeñando.

Coñecer os procedementos e metodoloxías máis adecuadas para desenvolver adecuadamente as funcións de formadores en educación viaria.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos das policías locais de Galicia, que previamente realizasen o curso de formadores de educación viaria nos centros escolares que se impartiu na Academia Galega de Seguridade en edicións anteriores.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo. Terán preferencia aqueles que acrediten coa sinatura do

responsable do cadro de persoal respectivo a súa dedicación a estes cometidos.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 23 de febreiro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase en datas do 28 de febreiro ao 3 de marzo.

O horario será de 9.00 a 14.00 horas.

Contido.

No curso desenvolveranse os seguintes temas:

-O papel da policía local na educación viaria escolar.

-Planificación: proxectos e programación.

-Composición e distribución de grupos de traballo.

-Deseño de talleres de actividade.

-A policía local como axente educativo na educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

-Programa de intervención en educación infantil: familia-escola.

-Educación viaria e atención a alumnos con necesidades educativas especiais: centros ordinarios (integración), centros específicos.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 24 de febreiro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 4 de febreiro de 2005.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA