DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2005 Páx. 2.585

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de comercio de mobles.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de comercio de mobles (código de convenio núme

ro 1500335), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-11-2004, complementada o día 20-12-2004 e subscrito pola parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Comercio de Mobles da Coruña, e pola parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 18-11-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos tra

balladores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as empresas

de comercio de mobles da Coruña (2004-2005)

Artigo 1º

Este convenio é de obrigada aplicación para todas as empresas e traballadores da provincia da Coruña dedicadas ao comercio de mobles. Exceptúanse aquelas empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio páctase por dous anos, desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2005.

Artigo 3º.-Cláusula de garantía.

O incremento salarial do convenio será do IPC máis o 1% para o ano 2004 e do IPC máis 1,25% para o ano 2005. Garantirase un incremento salarial equivalente ao IPC real máis 1% para o ano 2004, e para o ano 2005 garantirase un incremento salarial equivalente ao IPC real máis 1,25%.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá denunciar o convenio con, polo menos, dous meses de antelación ao termo da súa vixencia, mediante as formalidades previstas no Estatuto dos traballadores.

Artigo 5º.-Respecto de dereitos, compensación e absorción.

Respectaránselles a todos os traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Todas as melloras contidas neste convenio, estimadas no seu conxunto, se establecen co carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións actualmente implantadas nas distintas empresas, que impliquen situacións máis beneficiosas que as convidas, serán respectadas e non suprimidas.

Artigo 6º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que se conteñen nas táboas

salariais que se unen como anexo, que son o resultado dun incremento do IPC máis 1%, para o primeiro ano de vixencia, e do IPC máis 1,25% para o segundo ano de vixencia, sobre todos os conceptos económicos.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Os cuadrienios previstos no artigo 38 da ordenanza laboral do comercio consistirán na percepción do 5% do salario base por cada cuadrienio, con respecto a cada categoría.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias, que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ao 15 de xullo e ao 22 de decembro, e dentro do primeiro trimestre do ano a correspondente ao mes de marzo.

As tres pagas aboaranse cunha mensualidade do salario base e antigüidade que figuran na táboa anexo deste convenio.

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal comprendido no réxime de asistencia á Seguridade Social, ademais dos beneficios outorgados por ela, terá dereito, en caso de enfermidade ou accidente debidamente acreditado, a que a empresa lle complete as prestacións obrigatorias desde o primeiro día da súa percepción ata o importe íntegro das súas retribucións, cun tempo máximo de 12 meses.

Artigo 10º.-Premio de xubilación.

O premio establecido por xubilación para aqueles traballadores con máis de vinte anos de permanencia na empresa quedará fixado en dúas mensualidades de salario base e antigüidade para os afectados por este convenio.

Artigo 11º.-Incentivo á xubilación anticipada.

O traballador que, por proposta da empresa e de acordo entre ambas as partes, se xubile voluntariamente con anterioridade a cumprir os 65 anos, terá dereito a percibir por parte da empresa unha cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ao 100 por cento da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión ata cumprir 65 anos.

Percibirá ademais, no momento de se xubilar, un premio equivalente á doceava parte do salario anual.

A xubilación será obrigatoria aos 65 anos para todos os traballadores cuxa cotización lles permita xubilarse co 100 por cento da base reguladora.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, que supón un cómputo anual de 1.818 horas, agás que por norma de rango superior se cambiase a dita xornada ou cómputo anual.

Artigo 13º.-Licenzas retribuídas.

Ademais dos días sinalados no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, os traballadores afectados por este convenio terán dereito ás seguintes licenzas retribuídas:

a) Dous días por asuntos propios, que poderán ser acumulados ás vacacións, logo de acordo coa empresa.

b) Por matrimonio, 16 días, que poderá acumular ás vacacións, logo de aviso á empresa.

c) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.

d) Un día pola voda de pais, irmáns e fillos, coincidente coa data de celebración do evento.

e) As/os traballadores que teñan fillos menores de 9 meses terán dereito a reducir a súa xornada ordinaria nunha hora por lactación, tanto ao inicio como ao final da súa xornada, conforme a Lei de conciliación da vida familiar.

Todas as licenzas recollidas tanto neste convenio como no Estatuto dos traballadores serán tamén de aplicación para as parellas de feito, inscritas como tales no Rexistro Civil.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán dun período de trinta días naturais de vacacións, preferentemente no verán. Poderanse establecer quendas rotatorias para a elección do período de vacacións, comezando polo traballador de máis antigüidade.

Artigo 15º.-Desprazamentos.

Os traballadores que, por necesidade da súa función, teñan que desprazarse e efectuar fóra do seu domicilio algunha comida ou ben pernoitar, terán dereito a que a empresa lles aboe os gastos correspondentes, logo de presentación do xustificante deles.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será voluntaria para o traballador.

Suprímense as horas extraordinarias habituais.

O valor da hora extraordinaria será do 75% de incremento sobre o valor da hora ordinaria. As horas realizadas en domingos e festivos do 200%, exceptuándose as realizadas en días extraordinarios de feira, que terán un incremento do 75%.

Poderanse aboar as horas extraordinarias en tempo equivalente de descanso unicamente por petición do traballador, e coa mesma proporción sinalada no parágrafo anterior.

Artigo 17º.-Garantías sindicais.

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a se sindicaren libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo, sen perturbar a actividade normal da empresa.

Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato con incidencia superior ao 15% do cadro de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán da nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitiralle un escrito á empresa no cal expresará a orde de desconto, a central a que pertence, a contía da cota, así como o número de conta corrente a que debe ser transferida a cantidade. Iso na empresa que conte con máis de trinta traballadores.

As empresas efectuarán as ditas detraccións, agás indicación en contra, durante períodos dun ano.

Os representantes dos traballadores, elixidos conforme a normativa vixente, disporán dun crédito de horas para o desenvolvemento da súa actividade sindical.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa de empresas de máis de trinta traballadores poderán acumularse para seren desfrutadas por un ou varios de entre eles, sen exceder do número total de horas e logo de acordo entre os interesados, notificándollo á dirección da empresa con oito días de antelación ao comezo do mes de que se trate, e cando non supoña alteración grave do réxime laboral dela.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión integrada por dous representantes dos empresarios e dous dos traballadores, para a interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio entre as centrais UGT e CC.OO e CIG, e a Asociación de Empresas do Comercio do Moble.

Parte empresarial:

-Miguel Agromayor Vázquez.

-Fernando Fernández Fernández.

-José Fernández Bonome.

-Francisco Javier González Outumuro.

-Parte social:

-Francisco Cousillas (CC.OO).

-Nieves Montes Patiño (UGT).

-Álvaro Cagigal (UGT).

-Alfredo Santomil (CIG).

Artigo 19º.-Seguro de accidente.

As empresas subscribirán un seguro de accidente que cubra os seguintes riscos durante as 24 horas do día:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será de 15.000 euros en ambos os casos, para o primeiro ano de vixencia, e de 18.000 euros para o segundo ano de vixencia. A cobertura para o ano 2004 entrará en vigor no momento da publicación deste convenio no BOE ou DOG correspondente.

As empresas que contratasen o seguro correspondente cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente aos accidentes aquí recollidos.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas que tivesen perdas durante os exercicios 2002 e 2003 e as previsións para 2004 e 2005 fosen similares, poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que se pretendan acoller a esta cláusula deberanlle presentar a solicitude á comisión mixta do convenio, ante a que deberán acreditar, no caso de sociedades e empresas obrigadas pola normativa fiscal, a levar a contabilidade, as contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a Axencia Tributaria. As demais empresas deberano acreditar mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación ao xuízo da comisión.

Poderase solicitar a presenza dos representantes dos traballadores, así como da documentación aclaratoria que se considere necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe do AGA.

As empresas acollidas a esta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores aos aquí pactados ou, mesmo, non incrementar os salarios durante a vixencia do convenio.

Todos os membros da comisión, así como os seus asesores, están obrigados a manter na maior reserva a información recibida, observando o maior sixilo profesional.

Artigo 21º.-Contratación temporal.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atender as exixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, mesmo tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito. Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato que os demais traballadores do cadro de persoal, agás as limitacións que deriven da natureza e duración do seu contrato.

O contrato previsto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores poderá ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaseis meses.

Artigo 22º.-Contratación indefinida.

As empresas están obrigadas a ter unha porcentaxe de emprego fixo respecto ao cadro de persoal total de, polo menos, un 50%.

Por petición da representación legal dos traballadores, as empresas entregaranlle por escrito á dita representación, semestralmente, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles. A comisión paritaria poderá requirir das empresas a mesma información.

Así mesmo, de acordo co establecido na alínea b) do punto 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, ambas as partes coinciden en que, durante toda a vixencia deste convenio, será posible a conversión de todos os contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado pola dita disposición.

ANEXO

Táboas salariies para as empresas de comercio

de mobles da Coruña (2004-2005)

CategoríaSalarios (A)Cómputo

anual (A)

* Grupo I
-Persoal técnico titulado:
Titulado de grao superior 907,3613.610,40
Titulado de grao medio 847,0012.705,00

* Grupo II
-Persoal mercantil non titulado:
Director 1.099,1716.487,55
Xefe de persoal 907,3613.610,40
Xefe de compras 907,3613.610,40
Xefe de vendas 907,3613.610,40
Encargado xeral 907,3613.610,40
Encargado establecemento 846,9012.703,50
-Persoal mercantil propiamente dito:
Dependente 698,8310.842,45
Corredor de praza 705,3110.579,65
Aprendiz de primeiro ano 473,277.099,05
Aprendiz de segundo ano 493,117.486,65
Aprendiz de terceiro ano 529,738.890,95

CategoríaSalarios (A)Cómputo

anual (A)

* Grupo III
-Persoal administrativo:
Contable 847,0012.705,00
Oficial administrativo 718,7810.772,70
Auxiliar administrativo 650,219.753,15

* Grupo IV
-Persoal de servizos e actividades auxiliares:
Escaparatista 723,1810.847,70
Delineante 688,8610.332,90
Oficial primeira e chofer (con permiso

de condución de primeira)

687,6010.314,00
Oficial segunda e chofer (con permiso

de condución de segunda)

665,579.985,05
Axudante 650,199.752,85
Mozo especializado 650,199.752,85
Mozo 647,429.711,30

* Grupo V
-Persoal subalterno:
Cobrador 698,8210.482,30
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro e persoal

de limpeza

598,758.981,25